Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Dirección da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público 1/1997 e 2/1997 para a contratación do servicio de limpeza e desifección dos centros de saúde de Ribeira e Rianxo.

Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 111 do 6 de xuño), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación do servicio de limpeza e desinfección dos centros de saúde de Ribeira e Rianxo.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de limpeza e desinfección do centro de saúde de Ribeira, concurso público 1/1997, por un orzamento de sete millóns de pesetas, (7.000.000 de ptas.), IVE incluído.

1.2. Contratación do servicio de limpeza e desinfección do centro de saúde de Rianxo, concurso público 2/1997, por un orzamento de dous millóns cincocentas mil pesetas, (2.500.000 ptas.), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contados a partir da data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 1997.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sita na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono (981) 59 36 23 Ext. 217 e fax (981) 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianzas.

Provisional: o 2% do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Xerencia, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas, realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

Manuel Domínguez Sardiña

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela

2884