De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/
Palma, 4) e presentar perante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.
Nº de expediente: PO-0968-1996.
Denunciado: Luis Casaldarnos Pazos.
Enderezo: r/ Curros Enríquez, 4-1º D, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra.
Vigo, 1 de abril de 1997.
José Manuel Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
2886