Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 74 do 18 de abril de 1997, cómpre face-las seguintes correccións:
Na páxina 3.655 na identificación do órgano que dicta a orde, onde di: «Consellería de Familia, Muller e Xuventude», debe dicir: «Consellería de Presidencia e Administración Pública».
Na páxina 3.655 artigo 3 apartado 1º, liña 3ª, onde di: «do 10 ó 15 de maio», debe dicir: «do 1 ó 15 de maio».
Na páxina 3.658, no punto 4 do anexo II, onde di: «... pesetas anuais», debe dicir: «pesetas mensuais».
3028