Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.908

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 92/1997, do 25 de abril, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República de Italia é necesario prove-la substutución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26,7, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República de Italia, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 28 de abril ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, vintecinco de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

3181