Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

O Concello, en sesión plenaria extraordinaria celebrada o día tres de marzo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual número tres do texto refundido das normas de ordenación subsidiarias de planeamento do termo municipal de Laracha (A Coruña) para a súa adecuación ó paseo marítimo do núcleo de Caión.

2. Desestima-las alegacións presentadas polos herdeiros de Germán de la Fuente Vázquez e Carmen Vázquez Calvete e Marcelino Collazo Castro, respectivamente, polas motivacións expostas polos arquitectos autores do proxecto.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que se considere procedente.

A interposición do recurso deberá comunicárselle ó Pleno do Concello, en aplicación do disposto no artigo 110-3, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Laracha, 10 de marzo de 1997.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

2168