Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

O concello, en sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 3 de marzo de 1997, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución da obra paseo marítimo

de Caión, optando para a fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 218, do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, e 202 do Regulamento de xestión urbanística.

O que se fai público para xeral coñecemento para que os que poidan resultar interesados poidan examinarlo e formula-las observacións e reclamacións que consideren oportunas, polo prazo dun mes, especialmente no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Lugar de exposición do expediente: oficina técnica (2ª planta Casa do Concello).

Horario: de 10 a 15 horas.

Laracha, 10 de marzo de 1997.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

2852