Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Aprobadas inicialmente as normas subsidiarias municipais de planeamento do Concello de Cabana

de Bergantiños (A Coruña), Pleno de Corporación na sesión ordinaria celebrada o día 31 de marzo de 1997, fai público o citado acordo, en cumprimento do disposto no artigo 3.1º do R.D. 5/2996 do 7 de xuño, de medidas liberalizadoras en materia de solo e colexios profesionais, en relación co artigo 114.1º do texto refundido da Lei do réxime do solo e ordenación urbana, do 26 de xuño de 1992, co fin de que os interesados poidan presenta-las reclamacións ou suxestións que consideren convenientes dos seus intereses, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación que lo presente anuncio se faga no xornal La Voz de Galicia, BOP e DOG.

Cabana de Bergantiños, 1 de abril de 1997.

Manuel barral Castro

Alcalde-presidente

2167