Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (111/1996-99).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 111/1996, por danos, nos cales recaeu sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncio a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 111/1996, seguidos neste xulgado sobre danos, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciado Ángel José Roibas Painceira.

Decido que debo condenar e condeno a Ángel José Roibas Painceira, como autor dunha falta de danos do artigo 652-1 do Código Penal, á pena de multa de oito días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de duascentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará cer

tificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó condenado Ángel José Roibas Painceira, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

2787