Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (1/1997-V).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 1/1997-V se tramitan

autos de xuízo de faltas por desobediencia e malos tratos, e nos seus autos se acordou citar a Óscar Huerta Álvarez para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela) o vindeiro día dezaseis de maio, ás once horas, co fin de asistir como denunciante-denunciado á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2117