Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (242/1996-A).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña), dou fe e testemuño de que nos presentes autos de xuízo de faltas número 242/1996-A, se dictou sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Arzúa o dezanove de febreiro de mil novecentos noventa e sete. Alberto José Ballón Lage, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 242/1996-A, no que son parte o Ministerio Fiscal en representación da acción pública, e como denunciante María del Carmen Iglesias Mosteiro, maior de idade, veciña de Santiso, con domicilio en Rendos; como denunciante James Joseph Grace, maior de idade, veciño de Santiso, con igual domicilio cá anterior; e, na actualidade, ámbolos dous en paradoiro descoñecido.

Resolvo que debo absolver e absolvo a James Joseph Grace da falta que se lle imputa, declarando de oficio as custas procesuais.

Notifíqueselle-la presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes intervenientes nel.

A presente sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, a cal deberá ser formulada por escrito e debidamente fundamentada.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, e da que se lles xuntará certificación literal ós autos, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma á denunciante María Carmen Iglesias Mosteiro e ó denunciado James Joseph Grace, ámbolos dous en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2605