Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.830

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997 pola que se convoca unha praza de persoal laboral fixo.

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, convoca probas de selección para cubri-la seguinte praza de persoal laboral fixo:

-1 técnico superior-letrado.

As retribucións desta praza poderán ser de ata 4.000.000 de ptas. brutas anuais.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas da praza:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Licenciado en dereito.

-Experiencia profesional como letrado exercente durante polo menos tres anos, o que se acreditará con certificado do colexio, alta e último recibo do IAE, ou ben mediante a acreditación suficiente (vida laboral e certificado de empresa) do exercicio da profesión por conta allea mediante relación laboral e/ou funcionarial.

Outros coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Regulación e ámbito normativo do Igape.

-Procedemento administrativo.

-Contratación administrativa.

-Procedementos xurisdiccionais civís e contencioso-administrativos.

-Obrigas e contratos civís e mercantís.

-Hipotecas e outros dereitos reais de garantía.

-Dereito concursal.

-Dereito de sociedades.

-Regulación do sistema financeiro.

-Inglés.

-Informática a nivel usuario en contorno Windows.

Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e experiencia esixidas.

-Currículum vitae demostrable.

Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días hábiles naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de cinco días hábiles para, a petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica.-Tratará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convocatoria para cubrir este posto, a que terá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica, poderá realizarse nunha ou dúas fases, a criterio do comité de selección, neste último caso, soamente pasarán á entrevista persoal, aqueles candidatos que superasen as dúas fases da proba.

Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, o comité de selección publicará no taboleiro de anuncios do Igape, a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

b) Entrevista persoal.-Avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da súa adecuación ó posto de traballo.

3. Unha vez rematado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome das persoas seleccionadas no taboleiro de anuncios do Igape, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director general do Instituto Galego de Promoción Económica

3184