Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.830

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de abril de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 30 de xaneiro de 1997 (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 1997), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vaca

cións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58 do 25 de marzo).

Terceiro.- A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarto.- Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o prevido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Apelidos e nome: Dacal Vázquez, José Manuel.

Número de rexistro persoal: 3243976735 A2051

Grupo: B.

Posto de traballo: habilitación.

Código do posto: PE.C99.10.000.15001.038

Nivel: 18.

Dependencia: Delegación territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

97-2952