Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.832

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convocan os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais (incluída no pacto de vinculacións temporais do persoal estatutario do Sergas, publicado no DOG número 47, do 10-3-1997), á celebración da proba de aptitude prevista no devandito pacto.

Rematado o pasado 26 de marzo o prazo de presentación de solicitudes en relación coa Resolución do 28 de febreiro de 1997, de la Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e

da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordenaba a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria con diversas centrais sindicais, sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Sergas, vaise proceder á celebración da proba de aptitude para os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais, na data e lugares que a continuación se indican:

Data: 26-4-1997, a partir das 9 horas.

Lugares de exame:

A Coruña: aula de informática da Escola de Enfermería anexa ó Hospital Juan Canalejo, rúa Xubias de Arriba, nº 86.

Lugo: instituto de formación profesional A Piringalla, na rúa Angelo Colocci, s/n.

Ourense: escola de informática de Ourense, na zona universitaria, Avda. de Alfonso Rodríguez Castelao, s/n, As Lagoas.

Pontevedra: residencia de estudiantes da Caixa de Pontevedra, Avda de Vigo, 21.

Vigo: aula de informática da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industriais, r/ Marqués de Torrecedeira, 86.

Contido da proba: de coñecementos informáticos, terá carácter teórico-práctico, será tipo test con respostas alternativas, co procesador de textos Word baixo Windows.

Os aspirantes deberán acudir co DNI o documento identificativo que legalmente o substitúa.

Información: nas catro direccións provinciais do Sergas, así como nas xerencias de atención primaria das catro provincias, están expostos os listados alfabéticos cos nomes dos aspirantes que deben realizar esta proba de aptitude, en cada un dos tramos horarios establecidos.

Pódese conseguir información adicional chamando ós seguintes teléfonos das direccións provinciais do Sergas:

A Coruña: (981) 18 56 02.

Lugo: (982) 29 69 33-29 69 53.

Ourense: (988) 38 59 35.

Vigo: (986) 81 41 18.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

97-2865