Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de marzo de 1997 pola que se aproba o plan de inspección sanitaria para 1997.

O afondamento nas funcións de inspección e avaliación da asistencia sanitaria que na actual estructura orgánica dos servicios centrais da consellería se lle encomendan á inspección sanitaria, constitúen a dirección na que se orienta a planificación de obxectivos e actividades dela.

Por outra banda, a responsabilidade da consellería como órgano garante do cumprimento dos criterios mínimos de calidade establecidos para o exercicio de calquera actividade de carácter sanitario, leva necesariamente a un reforzamento das actuacións da inspección sanitaria, na avaliación e acreditación dos centros, servicios e establecementos sanitarios, no ámbito público e privado, este último debido ó interese crecente que ven adquirindo para a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no ánimo de tutela-los dereitos dos usuarios.

Así mesmo, dentro do conxunto das actividades de inspección que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, cobran especial relevancia os relativos á saúde laboral, debido ás novas situacións que se presentan polas recentes modificacións normativas, o que fai necesario seguir profundando no enfoque dos programas que se van realizar nesta materia, co obxectivo de acadar unha utilización adecuada destas prestacións.

En consecuencia, de acordo co establecido no Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións da Inspección de Servicios Sanitarios, por proposta do secretario xeral,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Apróbase o plan de inspección sanitaria para 1997, que figura como anexos I e II da presente orde.

Artigo segundo.-A memoria anual de actividades da inspección sanitaria correspondente a 1997 elaborarase tendo en conta os resultados dos programas incluídos no presente plan.

Os servicios provinciais da inspección sanitaria deberán remiti-la memoria de actividades correspondente á súa provincia antes do 30 de xaneiro de 1998.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Plan anual de inspección sanitaria para 1997

Obxectivos da inspección central

I. Saúde laboral.

-Impulsa-la xestión informática dos procesos de incapacidade temporal.

-Promover e coordina-las actuacións da inspección sanitaria en cumprimento do convenio de colaboración co INSS en materia de incapacidade temporal.

-Impulsa-lo plan de loita contra a fraude en materia de incapacidade.

-Implanta-lo rexistro de servicios de prevención.

-Protocoliza-los requisitos técnico-sanitarios dos servicios de prevención na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de posibilita-la súa acreditación.

-Protocoliza-los requisitos técnico-sanitarios dos servicios médicos das MATEPS na Comunidade Autónoma de Galicia.

II. Inspección e avaliación da asistencia sanitaria prestada polo Sergas.

-Desenvolve-la normativa de acceso á prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Atención Especializada e a Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas.

-Realizar un estudio comparativo do custo por proceso de determinados diagnósticos e procedementos nos centros concertados da Comunidade Autónoma.

-Protocoliza-lo procedemento de instrucción de expedientes sancionadores a persoal do Servicio Galego de Saúde.

-Avalia-las fontes de datos e indicadores da actividade cirúrxica dos hospitais do Sergas.

-Avalia-las unidades de telecobaltoterapia no Hospital Oncolóxico e POVISA.

-Avalia-la asistencia prestada polas asociacións de ex alcohólicos de Galicia financiadas polo Sergas.

-Avalia-la implantación dos protocolos de consentimento informado e estudio comparativo co estudio realizado no ano 1996.

III. Inspección e avaliación de centros, servicios e establecementos privados.

-Protocoliza-los requisitos técnico-sanitarios dos establecementos de ortopedia en Galicia.

-Protocoliza-los requisitos técnico-sanitarios de consultorios e clínicas odontolóxicas.

-Inspeccionar un número determinado de clínicas odontolóxicas elixidas ó chou co fin de comproba-lo grao de adecuación á normativa autonómica sobre autorización sanitaria para o seu funcionamento.

-Regula-lo procedemento de acreditación técnico-sanitaria dos vehículos de transporte sanitario terrestre.

IV. Prestacións farmacéuticas.

-Avalia-lo consumo e custo das especialidades farmacéuticas suxeitas ó visado.

-Realizar un estudio das denuncias sobre perda ou substracción de receitas e selos médicos do Sergas.

-Finaliza-lo programa iniciado en 1996, sobre inspección das unidades asistenciais de drogodependencias, co fin de comproba-las condicións de prescrición, uso e control de metadona, así como de custodia de talonarios das receitas oficiais.

-Finaliza-lo programa de inspección a oficinas de farmacia subministradoras de metadona ás unidades asistenciais de drogodependencias.

ANEXO II

Plan de inspección sanitaria para 1997

Obxectivos dos servicios provinciais de inspección e asistencia sanitaria.

I. Saúde laboral.

-Remitir mensualmente ós facultativos de Atención Primaria os indicadores de incapacidade temporal propios e da súa provincia.

-Revisar unha media de 15 procesos de incapacidade temporal por inspector e día, de acordo coas prioridades establecidas nos convenios de colaboración co Instituto Nacional da Seguridade Social.

-Informa-lo 100% dos requirimentos de empresa e das MATEPS no prazo que sexa determinado pola Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.

-Mante-lo absentismo laboral nos centros do Sergas nunha taxa global anual inferior ó 5%.

-Inspecciona-lo 50% dos servicios médicos das MATEPS existentes en cada provincia.

-Implanta-lo censo dos servicios de prevención e do seu persoal sanitario no ámbito de cada provincia.

II. Concertos.

-Informatiza-la actividade dos centros concertados con actividade cirúrxica en Lugo.

-Avalia-lo concerto de odontoloxía na provincia de Lugo.

-Avalia-lo concerto para tratamento de logopedia na provincia de Lugo.

-Avalia-lo grao de calidade asistencial nos centros concertados de Ourense, mediante revisión da historia clínica (folla de anestesia, codificación CIE.9-mc e grao de consentimento informado).

-Revisa-las autorizacións de uso vixentes para a prestación de servicios de asistencia sanitaria na provincia de Pontevedra, co obxecto de promove-lo concurso público, de conformidade co disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

III. Prestacións e servicios complementarios.

-Avalia-la actividade realizada pola RTSU en Galicia no ano 1996.

-Informatizar ó 100% en tódalas áreas da provincia da Coruña, o visado de medicamentos e productos sanitarios.

-Implantar nas áreas de Santiago de Compostela e Ferrol un programa de control gasométrico dos pacientes en osixenoterapia domiciliaria.

-Informatiza-lo programa de control da oxixenoterapia domiciliaria en Lugo.

-Ampliar a toda a Comunidade Autónoma o programa de recuperación de material ortoprotésico.

-Avalia-lo impacto producido no segundo semestre do ano trala aplicación da nova normativa que regula o acceso á prestación ortoprotésica.

IV. Prestacións farmacéuticas.

-Seguimento e control da prescrición de determinadas especialidades farmacéuticas de custo elevado (especialidades con omeprazol e lansoprazol).

-Avalia-la adquisición directa de absorbentes de incontinencia urinaria en centros sociosanitarios.

-Avalia-los resultados do programa de seguimento da prescrición de contrastes radiolóxicos iniciado en 1996.

-Realizar un estudio da facturación de productos dietoterapéuticos nos últimos 12 meses, trala aplicación das instruccións da Secretaría Xeral do Sergas.

-Estudia-lo volume de prescrición e características dos productos de ostomia utilizados.

-Seguimento e control da utilización de urofolitropina, co obxecto de evita-la súa prescrición en procesos non autorizados polo Ministerio de Sanidade e Consumo.

2511