Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997 pola que se inscribe a Asociación para o Desenvolvemento de Samos no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación para o Desenvolvemento de Samos, con data 1 de abril de 1997.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación para o Desenvolvemento de Samos quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 074.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

97-3049