Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de marzo de 1997, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Boimorto.

A referida modificación consiste na ampliación do núcleo rural de Seria-Chavella-Algalia, pertencente

á parroquia de Dormeá, incorporando ó mesmo o lugar de Pedreira, da parroquia de Ánxeles.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Boimorto, 20 de marzo de 1997.

Luis Verea Taboada

Alcalde

1833