Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

A Alcaldía do Concello de Laracha, por Resolución do 3 de marzo de 1997 aprobou definitivamente o estudio de detalle referido ás parcelas sitas nas rúas de Montemaior, Río Allóns e Silverio Moreda Alvariño, solo urbano de uso intensivo, ordenanza Z-1, artigo 36, das normas subsidiarias de planeamento.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 124, do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, do texto refundido da lei sobre réxime do solo e ordenación urbana e 144 do Regulamento de planeamento.

Contra a presente resolución que é definitiva en vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó desta publicación ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que se coide procedente.

A interposición do recurso deberá comunicárselle ó alcalde en aplicación do disposto no artigo 110.3º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Laracha, 3 de marzo de 1997.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

3062