Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración e o desenvolvemento dun plan global de promoción multimedia de Galicia e do Igape, con acceso directo a Internet.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dunha asistencia técnica para a elaboración e o desenvolvemento dun plan global de promoción multimedia de Galicia e do Igape, con acceso directo a Internet.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo, 15701 Santiago de Compostela. Tlfno: (981) 54 11 87. Fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 5/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a elaboración e o desenvolvemento dun plan global de promoción multimedia de Galicia e do Igape, con acceso directo a Internet. O concurso proponse nos seguintes lotes:

-Lote 1. Recopilación e estructuración de informacións relacionadas coa actividade económica e sociocultural de Galicia para a súa difusión como elemento de promoción e ferramenta nas accións do Igape.

-Lote 2. Deseño dunha estratexia de comunicación do Igape a través de novas tecnoloxías multimedia.

-Lote 3. Desenvolvemento dun CD-ROM multimedia interactivo de promoción de Galicia e do Igape, con acceso directo a páxinas web de Internet.

-Lote 4. Desenvolvemento técnico e creativo dunha aplicación web de Internet para promoción do Igape e de Galicia.

-Lote 5. Producción e realización dun vídeo promocional de Galicia e do Igape.

b) Prazo de execución.

Os prazos máximos de execución para cada lote serán de:

-Lote 1. Recopilación e estructuración de informacións: 6 semanas.

-Lote 2. Deseño dunha estratexia de comunicación: 6 semanas.

-Lote 3. Desenvolvemento dun CD-ROM multimedia interactivo: 12 semanas.

-Lote 4. Desenvolvemento técnico e creativo dunha aplicación web: 6 semanas.

-Lote 5. Producción/realización vídeo: 6 semanas.

A realización de tódolos traballos de que constan os diferentes lotes será coincidente no tempo, de tal forma que no seu conxunto o prazo de execución non poderá supera-las dezaseis semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo aprobado para esta contratación ascende á cantidade de oito millóns oitocentas mil pesetas (8.800.000 ptas.), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, coa seguinte desagregación:

-Lote 1. Recopilación e estructuración de informacións: 1.500.000 ptas.

-Lote 2. Deseño dunha estratexia de comunicación: 1.200.000 ptas.

-Lote 3. Desenvolvemento dun CD-ROM multimedia interactivo: 2.200.000 ptas.

-Lote 4. Desenvolvemento técnico e creativo dunha aplicación web: 1.800.000 ptas.

-Lote 5. Producción/Realización vídeo...: 2.100.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 87.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2703