Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 31 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-247/1996, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

No caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 31 de marzo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-247/1996.

Denunciado: Ángel Abascal Palazuelo.

DNI: 13.648.716

Último enderezo coñecido: Avda. Santander-Santander.

Feito denunciado: transporta-lo día 25 de xuño de 1996, no camión matrícula S-1214-P e semirremolque matrícula S-01432-R, pola estrada C-546 km 45 do termo municipal de Bóveda, 54 cabezas de gando porcino desde Sarria (Lugo) ata o matadoiro de Esfosa-Vic (Barcelona) cunha guía de orixe nº 0008778 serie B que amparaba 25 cabezas de gando e carecer de guía de orixe para 29 cabezas.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias.

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Sanción imposta: 25.000 pesetas.

2680