Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de dous tractores agrícolas de catro rodas motrices con destino ó Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña) (IAS-391).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte

licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de 2 tractores agrícolas de 4 rodas motrices con destino ó Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña) (IAS-391), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: duascentas corenta mil pesetas (240.000 ptas.).

Fianza definitiva: catrocentas oitenta mil pesetas (480.000 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o de prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 21 de maio de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13.30 horas do día 28 de maio de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

2838