Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica. (Expediente IN407A 97/44-2-4712 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cupiga, S.A.

Enderezo social: Eulogío Fernández, 3, 32000 O Barco de Valdeorras, Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e dous C.T.S. para nave de elaboración de lousa.

Situación: Quiroga.

Descricións técnicas: liña aérea de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 2.261 metros. Liña subterránea de media tensión en conductor R.H.V-12/20 kV, cunha lonxitude de 23 metros. Centro de transformación de 800 kVA, para suministración eléctrica a nave de elaboración de lousa. Liña aérea de media tensión a 20 kV, en conductor LA-30, cunha lonxitude de 656 metros.

Centro de transformación de 100 kVA, para estación de bombeo de auga, en Pacios da Serra, concello de Quiroga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacions nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2816