Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Doniz-San Miguel de Espiño (Cartelle-Ourense), declarada de
utilidade pública e interese social a urxente execución da zona por Decreto 188/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 16 de agosto de 1993).
Primeiro.-O 19 de marzo de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Doniz-San Miguel de Espiño (Cartelle-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Cartelle durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avisos que lle corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Terceiro.-No prazo dos trinta días que se dan, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura Provincial de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).
Ourense, 19 de marzo de 1997.
Francisco Marín Muñoz
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense
2817