Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña a M.T. ó C.T. Coutiño-Dornelas, no concello de Mos, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 49/1995 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 42/1997, do

20-2-1997 (DOG nº 49, do 12-3-1997), que o día 22-5-1997, a partir das 11 horas, o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Mos, sinaladas cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, á súa custa, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 25 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 95/49 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña M.T. a C.T. Coutiño-DornelasConcello: Mos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2CourozoMonteBenito Costas AlonsoVaxiña-Tameiga

36417 Mos

17272

3As PedrasLaborElena Alonso OgandoPedreira, 24-Dornela

36417 Mos

15264

4As PedrasMonteCarmen Alonso JorgeRúa do Carballal, 53-Cabral

36318 Vigo

42540

6As PedrasMonteJosé Pampillón PampillónCastros, 73-Dornelas

36417 Mos

348

6As PedrasMontePrudencio Pampillón PampillónDornelas-Cotiño

36417 Mos

348

15PerosaMonteRosa Alonso LagoCastros, 46-Dornelas

36417 Mos

18288

16PerosaMonteJosé Pampillón BugarínCastros, 23-Dornelas

36417 Mos

20320

18M. CotiñoMonteJosé Pampillón PampillónCastros, 73-Dornelas

36417 Mos

3110160

22M. CotiñoMonteRamón Lorenzo GonzálezCotiño-Dornelas, 50

36417 Mos

27432

3036