Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 18 marzo de 1997 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de

Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995 do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán presentar xunto coa petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-los postos de traballo, que se relacionan no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá com

putarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

ANEXO I

Código: OT.B01.00.001.15770.032.

Denominación do posto de traballo: xefe Área Xestión Dominio Público Hidráulico.

Centro directivo: Augas de Galicia. Departamento de Xestión de Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.639.104.

Titulación: 2004 enxeñeiro de camiños canais e portos.

Código: OT.B01.00.001.15770.051.

Denominación do posto de traballo: xefe Área Estudios e Apoio Técnico.

Centro directivo: Augas de Galicia Departamento de Xestión de Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.639.104.

Titulación: 2004 enxeñeiro de camiños canais e portos.

ANEXO II

NOTA: úsese o que se publica na páxina 3.791

2857