Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.789

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 abril de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

A sentencia número 106/1995, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de febreiro de 1995 anula o nomeamento efectuado na orde desta consellería do 21 de maio de 1991 no referente á adxudicación polo procedemento de libre designación da praza de xefe do Servicio de Xestión na

Delegación Provincial de Ourense, por entender que a falta do preceptivo informe previo do titular do centro directivo ó que figura adscrito o referido posto de traballo é requisito legalmente ineludible para proceder ó nomeamento.

O auto do 9 de decembro da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declara non ter por executada a sentencia anterior na orde desta consellería do 9 de maio de 1995, por entender que ó procedemento de selección élle aplicable a Lei de procedemento administrativo de 17 de xullo de 1958 ó abeiro do previsto na disposición transitoria 2ª.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e serlle de aplicación o artigo 53.5º da dita L.P.A.

Permanecendo invariables no proceso de provisión do referido posto de traballo as actuacións dirixidas á súa adxudicación desde a orde de convocatoria do 2 de abril de 1991 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril) ata o momento inmediatamente anterior a aquel en que debe emiti-lo preceptivo informe o órgano correspondente, e estimando, en aplicación do artigo 52 da Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958 que declara a súa aplicación ó mencionado auto, que deben conservarse aqueles actos e trámites o contido do cal permanecera de non terse realizado a infracción orixe da nulidade, unha vez cesado no posto de traballo de xefe do Servicio de Xestión da Delegación Provincial desta consellería en Ourense o funcionario nomeado e retrotraéndose o procedemento xusto ó momento de solicitude de informe do titular do centro directivo ó que figura adscrito o posto de traballo, facendo uso das facultades e atribucións conferidas polo Art. 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da

función pública de Galicia, e o artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, esta consellería por proposta do delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 2 de abril de 1991 (DOG nº 75, do 19 de abril).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos establecidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 7063466313 A2079.

Grupo: B.

Apelidos e nome: García de la Barrera Castellanos, Juan Pedro.

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio Xestión Económica.

Centro directivo: delegación provincial.

Localidade: Ourense.

Nivel: 28.

C. específico: 1.376.844.

2856