Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997 pola que se dispón a publicación da oferta de emprego público dos anos 1996 e 1997 do persoal de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo 18 da Lei 30/1984, de reforma da función pública modificado pola Lei 22/1993, do 29 de decembro, de medidas físicas, reforma do réxime xurídico da función pública e da protección por desemprego, e 29 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, establecen que os postos de traballo dotados orzamentariamente que non poidan ser cubertos cos efectivos de persoal existentes, constitúen a oferta de emprego público de cada Administración.

O artigo 146 e seguintes dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e o capítulo V do convenio colectivo para as universidades públicas de Galicia establecen, respectivamente, os procedementos de selección e oferta das vacantes de persoal funcionario e laboral.

A oferta de emprego público para os anos 1996/1997 figura nos anexos I e II da presente resolución, tendo en conta as prazas vacantes de persoal funcionario e laboral respectivamente. A ámbolos

dous colectivos seranlles de aplicación as reservas e prioridades recollidas nas súas normativas de aplicación.

Tendo en conta a proposta da Xerencia da Universidade, unha vez consultados ós órganos de representación do persoal funcionario e laboral, a oferta de emprego público foi aprobada pola Xunta de Goberno e o Consello Social desta universidade, nas súas sesións do 27 de febreiro de 1997 e 5 de marzo de 1997 respectivamente.

Este rectorado,

RESOLVEU:

Primeiro.-En cumprimento do disposto no artigo 146 e seguintes dos estatutos da universidade, no artigo 15 da Lei 22/1993, do 29 de decembro, que modifica o 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e no artigo 7 da Lei 3/1995, do 10 de abril, que modifica o artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da oferta de emprego público para 1996/1997 do persoal de administración e servicios.

Segundo.-En cada convocatoria de probas selectivas dos cadros de funcionarios reservarase un número suficiente de prazas para a súa provisión mediante o sistema de promoción interna en función do número de candidatos/as potenciais.

A provisión de vacantes e selección do persoal laboral de administración e servicios rexerase polo disposto no convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas reguladoras do ingreso do persoal ó servicio das administracións públicas.

Terceiro.-Nas probas selectivas para ingreso nas escalas de funcionarios e categoría de persoal laboral, incluídas as correspondentes a promoción interna, serán admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cos demais aspirantes. Non obstante, os aspirantes con minusvalidez deberán acreditar, mediante documentos expedidos polos órganos correspondentes da Consellería de Traballo e Servicios Sociais, do Ministerio de Asuntos Sociais ou dos órganos competentes das comunidades autónomas, a compatibilidade da súa condición de minusválido co desempeño das tarefas e funcións das prazas de que se trate.

Do total de prazas ofertadas reservarase un 4% para ser cuberto polos que teñan a condición legal de minusválidos.

Cuarto.-Non será necesaria a previa inscrición nas oficinas de emprego para participar nas probas selectivas derivadas da presente oferta de emprego público.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

OFERTA DE EMPREGO DE PERSOAL FUNCIONARIO ANOS 1996/1997

Grupo A

-Escala de técnicos de xestión: 1.

-Escala de técnicos de xestión. Especialidade xurídica: 1.

-Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos: 1.

Grupo B

-Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos: 2.

(Sección bibliotecas).

-Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos: 2.

(Sección arquivos).

-Escala de xestión: 1.

Grupo C

-Escala administrativa: 2.

Grupo D

-Escala auxiliar: 6.

ANEXO II

OFERTA DE EMPREGO PERSOAL LABORAL ANOS 1996/1997

Grupo I

-Enxeñeiro superior infraestructuras: 1.

-Técnico difracción raios X: 1.

-Coordinador aulas informáticas: 1.

-Profesor de italiano: 1.

-Profesor de inglés: 1.

-Técnicos do CTT: 2.

Grupo III

-Técnicos especialistas en informática: 5.

Grupo IV

-Oficiais de laboratorio: 2.

-Conserxe: 1.

-Auxiliar técnico de bibliotecas: 3.

Grupo V

-Auxiliares de servicio: 4.

3059