Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.780

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 69/1997, do 21 de marzo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 11.000 m, sito no lugar do Camballón, termo municipal de Vila de Cruces, para a construcción dun centro público de educación secundaria.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 67, do 9 de abril de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 3277 onde di: «CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA», debe dicir: «CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA».

-Na páxina 3.278, onde di: «Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria», debe dicir: «Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda».

E SERVICIOS SOCIAIS

2876

Orde do 7 de abril de 1997 pola que se convocan axudas para a asistencia a actividades de formación de profesionais do sector da saúde.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde, co obxecto de que a nosa comunidade poida contar con profesionais cualificados nas distintas áreas que configuran o sector, convoca axudas económicas individuais para a formación de profesionais sanitarios.

Mediante a concesión das presentes axudas trátase de promover e impulsa-la formación continuada dos ditos profesionais e coadxuvar a unha mellora substancial no nivel de saúde da nosa Comunidade Autónoma a través da mellor competencia profesional nos distintos campos da asistencia sanitaria -atención primaria e especializada-, saúde pública, e administración e xestión de servicios de saúde.

Posto que a formación debe ser interactiva coas necesidades sanitarias, promoveranse especialmente as actividades que se consideran máis axeitadas en cada momento.

Por todo isto, conforme o establecido no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario, e de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse axudas económicas para a asistencia a actividades de formación de profesionais do sector saúde que se inicien ó longo do primeiro semestre de 1997 ou que, iniciados no segundo semestre de 1996, non fosen obxecto doutra axuda, bolsa ou subvención.

Artigo 2º

Quedan excluídos os proxectos de investigación, os estudios de carácter regrado que levan á obtención dunha titulación recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia -como licenciaturas, diplomaturas ou formación profesional-, os traballos de campo e os estudios relacionados coa realización de tesiñas ou teses de doutoramento.

Artigo 3º

Poderá solicitar estas axudas o persoal sanitario e o persoal vinculado ó sector da saúde que preste os seus servicios na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Servicio Galego de Saúde ou establecementos sanitarios públicos.

Artigo 4º

1. As solicitudes de axudas dirixiranse ó presidente do Servicio Galego de Saúde, conforme o modelo normalizado recollido no anexo, e presentaranse no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nos rexistros das delegacións desta e direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde

ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. Soamente se valorará unha solicitude por interesado; se fosen presentadas varias será criterio da comisión á que se refire o artigo 6º a elección dunha delas.

Artigo 5º

Á solicitude da actividade engadiráselle a seguinte documentación:

a) Fotocopia cotexada do NIF.

b) Memoria explicativa da actividade formativa que se propón realizar, figurando de forma explícita a data de comezo así como a súa duración.

c) Certificación do director do centro de traballo onde se xustifique que o solicitante exerce actualmente nel.

d) Autorización do director do centro para a realización da actividade no caso de que esta sexa incompatible coa asistencia ó traballo.

e) Documento acreditativo da admisión para o desenvolvemento da actividade para a que se solicita axuda.

f) Orzamento xeral desagregado, con especial mención do importe dos gastos de matrícula, se é o caso, e desprazamento da actividade para a que solicita axuda.

g) Certificado bancario acreditativo de que o solicitante é o titular da conta a través da que se desexa percibi-la subvención e no que conste o código da entidade bancaria, da sucursal e da conta correspondente.

h) Declaración xurada de que non percibe ou percibiu ningunha outra axuda para a mesma actividade.

Artigo 6º

1. Correspóndelle ó presidente do Servicio Galego de Saúde a concesión das axudas, por proposta dunha comisión nomeada por el para o efecto.

2. Os criterios para a concesión das axudas serán establecidos pola comisión de selección, que terá en conta os seguintes aspectos:

a) Interese dos estudios de formación que se pretenden realizar para o sistema sanitario galego e a súa adecuación ás necesidades de formación existentes na materia solicitada.

b) Adecuación entre o posto desempeñado e o nivel de formación ou especialización do solicitante en relación coa actividade que vai realizar.

Artigo 7º

1. As solicitudes serán resoltas no prazo de 90 días naturais contados desde o vencemento do prazo de presentación das instancias, publicándose a resolución correspondente, que esgota a vía adminis

trativa, no taboleiro de anuncios da propia consellería, nos das súas delegacións provinciais e nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde. Se as solicitudes non se resolvesen no prazo establecido entenderanse desestimadas.

2. Cada beneficiario deberá realizar un acto expreso de aceptación da axuda e das súas condicións dirixido á Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó que se publique a resolución.

Transcorrido ese prazo sen efectua-la aceptación entenderase que renuncia á axuda.

Artigo 8º

O importe global máximo das axudas que se concedan ó amparo da presente orde será de doce millóns catrocentas mil (12.400.000) pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 5001.2591.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, sen que o importe de cada axuda individual poida supera-la contía de cincocentas mil pesetas.

Artigo 9º

1. O pagamento das axudas realizarase unha vez xustificado por parte do beneficiario o cumprimento da finalidade e demais condicións para as que foi concedida.

2. Para tal efecto, o beneficiario da axuda deberá remitir á Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde a documentación seguinte:

a) Documento que xustifique o pagamento da matrícula ou inscrición na actividade, se é o caso, e o importe do gasto realizado. Non obstante, se a duración da actividade se estendera a partir do segundo semestre de 1997, só poderá ser subvencionada se o beneficiario acredita que se xeraron gastos no primeiro semestre de 1997 por importe non inferior ó da contía da axuda.

b) Certificación expedida pola entidade organizadora da asistencia ata o fin da actividade -de rematar esta no primeiro semestre de 1997- ou ata o 30 de xuño -se rematase con posterioridade-.

Artigo 10º

Os solicitantes que non resulten beneficiarios da axuda poderán solicitar, dentro do prazo dun mes contado a partir da publicación da resolución, a devolución da documentación presentada, mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde. No caso de non solicitaren a dita devolución no prazo indicado procederase á súa destrucción.

Artigo 11º

O incumprimento da finalidade da axuda ou das condicións ou obrigas que se estipulan nesta orde, darán lugar á perda dela e á devolución do percibido cos seus xuros de demora.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego de Saúde

2973