Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 76/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o Decreto 269/1995, do 5 de outubro, que aproba a oferta de emprego público para o ano 1995 do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

O Decreto 269/1995, do 5 de outubro (DOG nº 200, do 18 de outubro) aprobou a oferta de emprego público para o ano 1995 do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Coa publicación do dito decreto, pretendeuse, sobre todo, dar completo cumprimento ó establecido no dereito transitorio da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma, do Decreto 303/1990, do 31 de maio, que a desenvolve, e do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado este polo Decreto 161/1996, do 25 de abril, no sentido de esgota-la previsión de realizar tres procesos selectivos para o acceso á condición de persoal sanitario funcionario nas clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

Así, a convocatoria do último dos procesos selectivos para as referidas clases, estase a executar nes

tes momentos, de conformidade coas bases previstas na Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro), polo que o dito Decreto 269/1995 estase a executar de xeito parcial, e cómpre pois completa-lo resto do proceso selectivo previsto nel, que inclúe no seu anexo un determinado número de prazas, pertencentes á escala de saúde pública e Administración sanitaria, das clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, dos ditos postos de traballo incluídos no ámbito da inspección sanitaria transferida á Comunidade Autónoma de Galicia xunto co Insalud e integrada na citada Lei 17/1989 a través do Decreto 5/1992, do 16 de xaneiro.

Así mesmo, por mor da transferencia da asistencia sanitaria prestada polo ISM á Comunidade Autónoma de Galicia a través do Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, cómpre modifica-lo dito Decreto 269/1995, para amplia-la oferta de emprego na clase de inspectores médicos en dúas prazas máis.

Así mesmo, cómpre suprimi-lo apartado 3 do artigo 5, posto que as súas previsións responden á necesidade de mante-la congruencia coas dúas convocatorias xa executadas das devanditas clases de médicos, practicantes e matronas titulares, pero non se xustifica o seu mantemento no eido da inspección sanitaria.

En consecuencia, logo da negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario, e logo do informe da comisión de persoal, por iniciativa da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais e por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 3/1995, do 10 de abril, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modifícase o Decreto 269/1995, do 5 de outubro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 1995 do persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, nos termos de ampliar dúas prazas máis no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos, establecéndose, pois, un total de 26 prazas ofertadas.

Artigo 2º

No concurso-oposición que se convoque para o acceso ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios non serán de aplicación as previsións contidas no apartado 3 do artigo 5 do dito Decreto 269/1995.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3046