Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión do 15 do mes que corre, acordou prorroga-lo trámite de información pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Redondela.

En execución do acordo, sométese a este trámite o referido instrumento de ordenación polo período dun mes, iniciándose o cómputo do novo prazo informativo o día 22 de abril de 1997, agás que a publicación do presente anuncio se realice con data posterior á anteriormente indicada, suposto no que o período de información pública se iniciará o día da publicación no DOG.

Durante o expresado prazo, o mencionado plan xeral poderá ser examinado no salón de sesións da Casa do Concello en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados, para formula-las alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Redondela, 16 de abril de 1997.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde

3020