Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

Concurso aberto con carácter urxente.

1. Obxecto do contrato: as obras de rede de saneamento en Loenzo-Rubiáns.

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 9.695.854 ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso, será de 193.917 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 11 de abril de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde