Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 40/1995).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 14 de marzo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 4 do SU-38, por instancia de Ragosin, S.L. e Saogal. S.L., logo de constitución de aval por importe de 61.581.270 ptas. (sesenta e un millóns cincocentas oitenta e unha mil duascentas setenta pesetas).

De conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de quince días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial, deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de abril de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

3058