Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres (expediente 96/35 e 96/70).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE número 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, número 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo, deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de

Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 2 de abril de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/35.

Denunciada e DNI: Mª Carmen Pérez Acosta. 36.018.886.

Último enderezo coñecido: rúa Pablo Iglesias, 20.5 B. 36600 Vilagarcía de Arousa.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción (Lei 4/1989 de CEN):

Artigo infrinxido: 38.13ª.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/70.

Denunciado e DNI: Fernando José Paz Santos. 52.454.566.

Último enderezo coñecido: rúa Venecia, 44. Pobra do Caramiñal.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción (Lei 4/1989 de CEN):

Artigo infrinxido: 38.13ª.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

2992