Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da explotación mineira denominada Frades, número 6705 (fracción 4ª-2), da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, median

te anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da explotación de 10 cuadrículas mineras denominada Frades, nº 6705 (fracción 4ª-2), situada no concello de Mesía, provincia da Coruña, e solicitado por Epifanio Campo Fernández.

Para os efectos informativos, porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2839