Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun local en Santiago de Compostela destinado á localización de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público que, por razón da urxencia de dispor dun local e das limitacións do mercado inmobiliario, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Presidencia e Administración Pública, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa dos Feáns, 5, de Santiago de Compostela, para a localización de dependencias administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

2046