Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.715

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (90/1996).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas 90/1996, por furto, nos cales recaeu a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte.

«En Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e sete, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronunciou a seguinte sentencia: vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 90/1996, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do ministerio fiscal, en representación da acción pública, o denunciante, representante legal de Simago, e o denunciado, José M. Blanco Otero.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José M. Blanco Otero, da falta de furto pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó denunciado José M. Blanco Otero, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

2922