Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.714

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (483/1996).

María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 483/1996, se dictou sentencia con data 12 de decembro de 1996, que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 483/1996, entre partes, dunha como demandante, a entidade Banco Bilbao Vizcaya, S.A., domiciliada en Bilbao, representada nos autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistida do letrado Torres Álvarez, e doutra como demandado, José Manuel Castiñeiras Ferreiro, veciño desta cidade, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar y mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José Manuel Castiñeiras Ferreiro, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Bilbao Vizcaya, S.A., da suma principal de 2.963.416 pesetas, gastos, xuros pactados legais, e custas causadas e que se causen, que pre

ceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; fáiselles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó pleito principal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ó demandado José Manuel Castiñeiras Ferreiro, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1904