Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.714

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DE VIGO

EDICTO (79/1997).

Victoria E. Fariña Conde, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número nove dos de Vigo e do seu partido xudicial, fai público que no expediente de suspensión de pagamentos que co número 79/1997 se tramita perante este xulgado por solicitude da entidade mercantil Construcciones Bejón, S.A. (Bejonsa), representada pola procuradora Belén Bao Lemos, con domicilio en Vigo, rúa Torrecedeira, 55, oficina número 6, e que ten como obxecto social a construcción e reforma de inmobles por conta propia ou terceiros; realización de obras públicas e privadas e a súa contratación con calquera organismo oficial, ou cos particulares que procedan; a súa parcelación, implantación e transformación de cultivos; obras de irrigación e saneamento, etc., por medio de resolución do doce de febreiro do ano que corre, acordouse:

1. A admisión a trámite da solicitude de declaración do estado de suspensión de pagamentos solicitada pola entidade Construcciones Bejón, S.A. (Bejonsa).

2. A intervención do ministerio fiscal como parte no expediente de suspensión de pagamentos.

3. A intervención de tódalas operacións da sociedade mercantil Construcciones Bejón, S.A.

4. O nomeamento dun único interventor, facéndose a designación en favor da entidade acredora Seymagua, S.L.

5. Que o interventor nomeado deberá presentar perante este xulgado, dentro do prazo de 60 días, o dictame prevido no artigo 8 da Lei reguladora do procedemento de suspensión de pagamentos.

6. Que a entidade suspensa deberá, dentro do prazo de 30 días, presentar perante este xulgado o balance

definitivo dos seus negocios que formulará baixo a inspección do interventor.

7. Que se deixan en suspenso cantos embargos e administracións xudiciais existan pendentes sobre bens da sociedade debedora, non hipotecados nin pignorados, sendo aquelas substituídas pola acción do interventor, mentres a medida subsista, sen menoscabo dos acredores privilexiados e de dominio, se os houber, ó cobramento dos créditos.

8. Que aqueles xuízos ordinarios e executivos en que se persigan bens especialmente hipotecados e pignorados, que estean en curso ó declararse a suspensión, seguirán o seu trámite ata a sentencia, quedando en suspenso a súa execución, mentres non remate o presente expediente.

E para que así conste e sirva de publicidade ós acredores e demais persoas e/ou entidades ós que poida interesar, expido e asino o presente edicto en Vigo o dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

1901