Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de marzo de 1997, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito 15/87, para os efectos de expedición do duplicado.

Extraviado o resgardo do depósito definitivo 15/87 constituído na Caixa de Depósitos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, mediante aval de Crédito y Caución, S.A.,

o día 27 de marzo de 1987, polo importe de 3.000.000 de ptas. garantindo a empresa Recreativos Andorra, S.L. NIF B-36643633, perante a Consellería da Presidencia, Dirección Xeral de Administración Local e Gobernación. Faise público para que no termo de dous meses, contados desde esta publicación, se poida alegar por terceiro o que considerar oportuno.

Coa prevención de que, transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data de publicación do presente anuncio, se procederá sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario, declarándose no propio acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán valor ningún, nin poderán surtir efecto perante a Administración ou terceiros.

Vigo, 10 de marzo de 1997.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

2988