Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da Sociedade Estatal de Estiba e Desestiba do Porto da Coruña, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da Sociedade Estatal de Estiba e Desestiba do Porto da Coruña, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa, o día 8-8-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para a regulación das relacións laborais entre SESTICO e o colectivo de traballadores portuarios

Título I

Disposicións de aplicación xeneralizada ás partes afectadas por este convenio

Capítulo I

Ámbito. Vinculación á totalidade -Comisión Paritaria-Prelación e concorrencia de normas

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regulará as relacións laborais e de asistencia social entre a Sociedade Estatal de Estiba e Desestiba do Porto da Coruña, S.A. (en diante SESTICO) e as empresas asociadas co colectivo de traballadores en réxime de relación laboral especial e común que interveñan na realización das actividades portuarias, constitutivas do servicio público de estiba e desestiba de buques, así como as complementarias sen o carácter de servicio público a que se refiren os artigos 2 e 6 do Real decreto 371/1987, cando os ditos labores complementarios sexan realizados polo persoal arriba indicado.

1.1. Actividades do servicio público. De acordo co establecido no artigo 2 do Real decreto 371/1987, considéranse como actividades integrantes do dito servicio público os labores de carga, descarga, estiba, desestiba e transbordo de mercadorías, obxecto de tráfico marítimo nos buques e dentro da zona portuaria.

1.1.1. Carga e estiba. A carga e estiba abranguen a recollida da mercadoría nas zonas cubertas ou descubertas do porto, o transporte horizontal delas ata o costado do buque; a aplicación de gancho, culler, spreader ou calquera outro dispositivo que permita iza-la mercadoría directamente desde un vehículo de transporte, ben sexa externo ou interno ó porto, ou desde o peirao, logo de depósito nel, ou amoreado na zona de operacións, ó costado do buque, o izado da mercadoría e a súa colocación na bodega ou a bordo do buque, ou alternativamente a carga rodante, e a estiba da mercadoría en bodega ou a bordo do buque.

1.1.2. Desestiba e descarga. A desestiba e descarga abranguen a desestiba de mercadorías na bodega do buque, abranguendo tódalas operacións precisas para a participación da carga e a súa colocación ó alcance dos medios de izada; a aplicación de gancho, culler, spreader ou calquera outro dispositivo que permita iza-la mercadoría; o izado da dita mercadoría e a súa colocación colgada ó costado do buque sobre a zona de peirao, ou alternativamente descarga rodante; descarga da mercadoría directamente, ben sobre vehículos de transporte terrestre, sexa externo ou interno ó porto, ben sobre o peirao para a súa recollida por vehículos ou medios de transporte horizontal directamente ó exterior do porto ou a zona de depósito ou almacén dentro del e o depósito e amoreado da mercadoría en zonas portuarias cubertas ou descubertas.

1.1.3. O transbordo. O transbordo abrangue a desestiba no primeiro buque, a transferencia da mercadoría directamente desde un buque a outro, e a estiba no segundo buque.

Terán a consideración de portuarios, para os efectos do presente convenio, os labores de suxeición, trincaxe ou solta, excepto cando sexan realizadas polo propio persoal dos buques, as operacións de carga ou descarga de graneis sólidos nos tanques dos buques e a manipulación de máquinas do propio buque que se utilicen para a carga ou descarga.

Enténdese por zona portuaria o espacio físico que abrangue a zona de servicios do porto, a zona I e calquera outra que puidese incluírse no futuro. Considérase zona I a zona definida como tal neste porto para efectos de tarifas portuarias.

1.1.4. Non obstante, quedan excluídas da consideración de servicio público as actividades descritas cando concorran algún dos seguintes supostos:

a) A manipulación de materiais ou mercadorías e o manexo de medios mecánicos que pertenzan á administración portuaria.

b) As que se refiran a materias ou mercadorías do Ministerio de Defensa, agás que sexan realizadas por unha empresa estibadora.

c) O embarque e desembarque do correo.

d) O embarque e desembarque de camións, automóbiles e calquera clase de vehículos de motor, cando estas operacións sexan realizadas polo seu propietario, usuarios ou conductores habituais, dependentes daqueles, así como os labores complementarios de suxeición, cando sexan realizados polas tripulacións dos buques.

e) A conducción, enganche e desenganche de cabezas tractoras que embarquen ou desembarquen remolques, se o transporte se produce sen solución de continuidade desde fóra da zona portuaria ata o seu embarque, ou desde o barco ata fóra da zona portuaria.

A conducción de vehículos de todo tipo que transporten mercadorías ata pé de guindastre ou de instalación de carga, en operacións directas de camión a barco, se o transporte se produce sen solución de continuidade desde fóra da zona portuaria e a dos que reciban mercadoría a pé de guindastre ou instalación de descarga, en operacións directas de barco a camión, se o transporte se produce sen solución de continuidade ata fóra da zona portuaria e en ámbolos casos, as operacións de simple conexión dos medios de carga e descarga.

Neste suposto, consideraranse incluídas as operacións directas de calquera medio de transporte terrestre a buque, e as de buque a calquera medio de transporte terrestre.

f) A descarga, arrastre ata lonxa e almacén e cantos traballos se derivan da manipulación do peixe fresco proveniente de buques de menos de 100 toneladas de rexistro bruto, ou dos que superen o dito rexistro, sempre que como consecuencia de pacto ou de convenio colectivo os ditos labores sexan realizados polos tripulantes do buque.

Este pacto só poderá subscribirse entre os representantes legais do persoal do buque e a súa empresa ou entre os sindicatos representativos do sector e as asociacións empresariais correspondentes segundo o ámbito do pacto.

En ámbolos casos, deberá formalizarse por escrito e depositarse ante a autoridade laboral competente, de acordo coas normativas reguladoras do depósito de acordos colectivos.

g) As operacións que se realicen en instalacións portuarias en réxime de concesión, cando as ditas instalacións estean directamente relacionadas con plantas de transformación, instalacións de procesamento industrial ou envasado de mercadorías propias que se movan polos ditos terminais marítimos, de acordo co seu obxecto concesional, agás que fosen realizados por unha empresa estibadora.

h) As operacións relativas ás equipaxes e efectos persoais dos pasaxeiros e tripulantes.

i) As operacións de carga, descarga e transbordo, se se realizan por tubos ou, para o avituallamento do buque, ou para o seu aproveitamento, cando para este último non se precise contratar persoal.

j) O manexo de cabezas tractoras ou guindastres automóbiles que non estean permanentemente adscritos ós labores portuarios, sempre que sexan conducidos polo seu persoal habitual.

Os labores complementarios de suxeición, trincaxe ou solta excluídas do servicio público de estiba e desestiba serán realizados polo persoal de SESTICO cando non sexan realizados polas tripulacións dos buques.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

2.1. Afectará, como empresas, a SESTICO e ás empresas estibadoras que teñan encargadas a xestión do servicio público de estiba e desestiba.

2.2. Como traballadores, afectará á totalidade dos traballadores portuarios contratados por SESTICO, en réxime de relación laboral especial, ou polas empresas estibadoras, en réxime de relación laboral común.

2.3. Igualmente, afectará ás empresas e traballadores que, baixo calquera réxime, realicen no espacio físico do posto actividades que, sen seren de servicio público, estean relacionadas co tránsito de mercadorías, tales como entrega e recepción, cando as ditas actividades resulten incluídas no ámbito funcional dos convenios de ámbito inferior ó do II acordo sectorial. Todo isto no respecto á numeración de actividades incluídas nos respectivos convenios colectivos, agás pacto en contrario.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que en concepto de percepcións de calquera clase e no seu conxunto sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio colectivo, entendéndose estrictamente ad personam.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó do seu asinamento, con excepción dos efectos económicos que serán efectivos desde o 1 de xaneiro de 1996, rematando o seu período de vixencia o 31 de decembro de 1998.

Entenderase prorrogado de ano en ano se o 31 de decembro de 1998 calquera das partes signatarias del non o denunciase con polo menos 2 meses de antelación ó remate da súa vixencia.

Co fin de evitar baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

A parte que promova a súa negociación deberá notifica-la denuncia por escrito á outra parte expresando detalladamente:

a) Lexitimación que ostenta.

b) Ámbitos de convenio.

c) Materias para negociar.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación ó porto da Coruña.

Para efectos deste convenio entenderase por zona portuaria aquela na que exerce ou poida exerce-la súa xurisdicción a autoridade portuaria da Coruña, ou a definida como tal, tanto agora como no futuro, polo órgano da Administración que teña competencias xerais sobre as actividades do porto.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente. No suposto previsto no artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores, observarase o que resolva a xurisdicción competente, de non alcanzarse previamente un acordo entre ámbalas partes.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1) Interpretación auténtica do convenio.

2) Mediación entre as partes, intervindo con carácter preceptivo e previo en tódolos asuntos colectivos e nos conflictos que poidan xurdir.

3) Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós organismos pertinentes.

4) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos polas partes de común acordo en asuntos derivados do presente convenio.

5) A mediación en temas de seguridade e hixiene; poderán solicitar dictames de técnicos na materia se así o considera oportuno.

6) A vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

7) Cantas cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Os acordos ou resolucións adoptados polos votos favorables da maioría de cada unha das representacións integrantes da comisión terán carácter vinculante.

De non se obter decisión vinculante seguiranse as canles legalmente previstas para a resolución das cuestións propostas.

A comisión estará integrada por 8 vocais, 4 corresponderán ós traballadores e outros 4 á parte empresarial, destes últimos 2 pertencerán a SESTICO e os 2 restantes ás empresas estibadoras. Os ditos vocais serán designados polas respectivas representacións na comisión negociadora deste convenio.

Poderán nomearse, como máximo, 2 asesores por cada representación, os cales poderán asistir ás reunións con voz, pero sen voto.

A comisión, cos seus membros previamente convocados, deberá reunirse nas 24 horas seguintes á dita convocatoria.

Como domicilio da comisión fíxase o de SESTICO.

Artigo 8º.-Fontes das relacións laborais.

Serán fontes das relacións laborais no ámbito de aplicación deste convenio, as seguintes:

a) O presente convenio colectivo, que substitúe na súa totalidade o anterior, que queda expresamente derrogado.

b) O II acordo para a regulación das relacións laborais no sector portuario subscrito o 18 de outubro de 1993.

c) O Real decreto Lei 2/1986, do 23 de maio, sobre servicio público de estiba e desestiba de buques.

d) O Real decreto 371/1987, do 13 de marzo.

e) Estatuto dos traballadores.

f) Os usos e costumes do porto e demais normas consuetudinarias de tradicional aplicación, sempre que se refiran a materias que non teñan unha regulación específica neste convenio, e que non sexan contradictorias co pactado, nin vulneren as disposicións legais e regulamentarias de preferente aplicación, de conformidade co principio de xerarquía normativa que establece o artigo 3 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Estructura de persoal

Artigo 9º.-Estructura de persoal.

Entenderase por nivel óptimo de emprego dos traballadores portuarios suxeitos a relación laboral especial o 85% da xornada máxima convencional, computada no nivel de porto, anualmente, e a rendemento habitual.

Co obxecto de determina-lo nivel de ocupación, para o establecemento do nivel óptimo de emprego, computaranse as quendas traballadas a rendemento habitual, con aplicación da polivalencia e mobilidade pactadas no II acordo sectorial.

O cómputo para determina-lo nivel óptimo será realizado anualmente e, en atención ó traballo dos traballadores portuarios con relación laboral especial en activo.

As partes asinantes comprométense a facilita-la mobilidade funcional no seo dos grupos profesionais establecidos na comisión mixta o 14 de decembro de 1994, e que a seguir se detallan:

Grupo I. Estibador.

É o profesional portuario que realiza as tarefas de manipulación de mercadorías na carga/descarga, estiba/desestiba e labores complementarios, tanto na bodega como na cuberta dos buques e na totalidade da zona de servicio do porto baixo as ordes do seu superior.

Estas tarefas agrúpanse de forma indicativa da seguinte forma:

-Preparación, manipulación e retirada do material auxiliar nas operacións de carga, incluído o material auxiliar de carga utilizado por todo tipo de medios mecánicos (eslingas, bragas, estrobos, redes, palés, tacos de madeira, calzos, cabaletes, etc.), realizando as operacións correspondentes con el: eslingado, atado, etc.

-Formación de unidades de carga (palés) e vultos soltos en buques, alpendres ou explanadas, así como o baleirado e enchido de contedores tanto a bordo como en terra.

-Realización de todo tipo de operacións de limpeza, tanto en bodega como en explanadas, cando o tipo de carga así o esixa.

-Realización de operacións de trincaxe, tanto en bodega como na cuberta dos buques, sempre e cando non as realicen as tripulacións dos buques.

-Realización de funcións de sinalización, tanto en cuberta como en terra mediante a emisión de sinais manuais ou outros medios, cando así o determine o convenio colectivo para este grupo.

-E, en xeral, calquera labor complementario dos anteriores, incluídos cantos traballos se deriven da manipulación de peixe fresco, no suposto de buques de máis de 100 t sempre e cando non exista pacto na súa tripulación.

Dado o grao de mecanización crecente das actividades deste grupo, para todo o anterior utilizará tódolos medios mecánicos que a propia operativa esixa.

Grupo II. Oficial manipulante.

É o profesional portuario manipulante de maquinaria que, con coñecementos de mecánica, hidráulica e electricidade, conduce e manipula os diferentes vehículos empregados na operativa portuaria e en calquera outra manipulación ou desprazamento de mercadoría dentro das instalacións portuarias.

Así mesmo, e con coñecementos sobre sinalización de operacións, cando así o determine o convenio colectivo para este grupo, pode realizar funcións de oficial de cuberta dirixindo os movementos de elevación, traslado en suspensión, ata o posterior estibado en bodega ou depósito de en peirao de mercadorías e continentes mediante a emisión de sinais manuais ou outros medios, ós operadores de guindastres, puntais, dispositivos de succión/extracción, aparellos e elementos similares.

As funcións do oficial manipulante agrúpanse en:

1. Manipulación de maquinaria pequena, forquitas de menos de 8 t.

2. Manipulación de maquinaria pequena, pinzas, algodón e bobinas de papel.

3. Manipulación de maquinaria grande maior de 8 t.

4. Manipulación de maquinaria con quinta roda (MAFFIS).

5. Conductores de camión.

6. Manipulación de vancarriers.

7. Manipulación de trastainers.

8. Manipulación de pa de limpeza, pa cargadora e pa de bodega.

9. Manipulación de guindastres eléctricos.

10. Manipulación de guindastres móbiles pneumáticos.

11. Manipulación de guindastres pórtico.

12. Conducción de vehículos non abranguida no artigo 2 d) do Real decreto lei 2/1986.

As especialidades aquí enumeradas e aquelas que se incorporen por causa dos avances tecnolóxicos, non se constitúen como subdivisións deste grupo profesional, non limitando polo tanto a mobilidade funcional, tendo a súa única razón de existencia o grao de capacitación/formación dos traballadores portuarios encadrados neste grupo profesional.

As funcións xerais deste grupo son as seguintes:

-Recoller no parque de maquinaria as que lle sexan asignadas polo capataz ou empresa estibadora e realiza-las comprobacións de estado da máquina e os seus controis antes e despois da operación.

-Comunicarlle ó capataz ou empresa estibadora calquera anomalía da maquinaria, antes, durante e despois da operación.

-Manipula-la máquina respectando a sinalización e normas de seguridade e hixiene cara ás persoas e as de calidade e seguridade cara á mercadoría.

Grupo III. Controlador de mercadoría.

É o profesional portuario que planifica, coordina e controla física e administrativamente, os movementos de mercadorías e os seus continentes, número e peso de unidades, situación e localización de elementos, clasificación, identificación, recepción, entrega, verificación da relación de mercadorías, obxecto de carga, descarga e labores complementarios, recontos, ritmos e frecuencias, etc., relativos ás operacións portuarias do dito ámbito, mediante a aplicación de procedementos técnico-administrativos de obtención e fixación de datos, elaboración e procesamento da información e transmisión de resultados, inspección ocular, etc.

Para todo o anterior, terá ó seu dispor a documentación correspondente ás ordes, plans e programas relativos ás operacións portuarias do dito ámbito, transmitindo a quen corresponda (capataz, empresa estibadora, oficialidade do buque, transportista, etc.) a información que elabore, sendo responsable da súa obtención, veracidade, exactitude e constancia documental.

Grupo IV. Capataz.

É o profesional portuario que dirixe e coordina, baixo a dirección e instruccións da empresa estibadora, as operacións portuarias, incluídos os servicios auxiliares ou complementarios, sendo responsable do desenvolvemento da operación e do equipo,

con independencia da súa procedencia, informando puntualmente á dita empresa do desenvolvemento e incidencias dela.

É o responsable directo do equipo no referente a rendementos, seguridade (sen prexuízo do establecido no R.D.L. 2/1986) e disciplina no ámbito funcional e espacial da operativa portuaria, así como da calidade e seguridade na manipulación da mercadoría e dos medios técnicos que se utilizan.

Entre as súas funcións destacan:

-O control da planificación e programación do traballo do seu equipo, da orde de carga e o plano de estiba baixo as ordes da empresa estibadora.

-A distribución e organización das diferentes tarefas entre o conxunto dos traballadores asignados á operación co fin de obte-lo máximo rendemento.

-A vixilancia do cumprimento dos rendementos previstos e das súas ordes ó equipo durante toda a operación, realizando a cobertura de todo tipo de partes relativos á súa función: traballo, accidentes, etc.

-A atención e, se é o caso, adopción das suxestións provenientes dos mandos do buque, da empresa estibadora ou do seu propio equipo de traballo.

-A supervisión da preparación, manipulación e retirada dos medios técnicos postos ó servicio da operación.

Cando se realicen operacións simultáneas nas que estean implicados varios capataces, a empresa estibadora poderá designar un responsable xeral que asuma, respecto do conxunto, a responsabilidade da coordinación dos labores portuarios que se realicen nun ou varios buques ou nunha área determinada da zona de servicio do porto.

En todo caso, entenderase que o responsable xeral, caso de que a empresa estibadora considere necesaria a súa designación, deberá ser nomeado entre o persoal portuario do grupo de capataces.

Cando nunha xornada se esgoten as listas de rotación de cada grupo profesional, implantarase a polivalencia e mobilidade funcional entre grupos, sendo preferente o de relación laboral especial en caso de dobraxe, coa única limitación da capacitación profesional.

Para os efectos de determinación do nivel de emprego, establecerase con carácter previa a unificación das distintas listas de actividade que poidan existir en cada porto, tendo en consideración que o nomeamento para o desempeño da actividade estará, en todo caso, condicionado pola formación profesional dos traballadores afectados.

Capítulo III

Solicitude de traballadores portuarios

Artigo 10º.-Procedemento.

As empresas estibadoras solicitarán de SESTICO os traballadores portuarios que precisen para a rea

lización das súas actividades, tanto portuarias constitutivas de servicio público como complementarias, e esta deberá proporcionarllos, organizando diariamente a distribución a adscrición dos seus traballadores mediante o sistema de rotación. Nun primeiro chamamento, reservarase para as distintas quendas de traballo os cargos de capataces e amanteiros, que serán ocupados exclusivamente por persoal fixo de relación laboral especial ou común, se ben os postos de amanteiro, de non dispoñerse de persoal propio de SESTICO, poderán ser ocupados por outros traballadores que teñan a debida cualificación, preferentemente estibadores.

As empresas formularán a solicitude por escrito, con determinación do número de traballadores e especificación dos grupos profesionais interesados e con mención dos seguintes particulares, entre outras que fixe o impreso:

a) Identificación do lugar de prestación dos servicios.

b) Natureza dos servicios que se van prestar.

c) Tipo de medio de transporte empregado.

d) Natureza das mercadorías que se van manipular.

e) Tipo e características da unidade de carga.

f) Medios mecánicos que se van utilizar.

g) Modalidade da xornada que se vai realizar.

h) Indicación aproximada do tempo previsto de execución nas tarefas.

j) Reserva de capataces e amanteiros para as quendas de 14 e 20 horas.

Capítulo IV

Xornada. Horarios. Nomeamentos. Festas.

Vacacións

Artigo 11º.-Xornada.

Para tódolos efectos as xornadas computaranse desde as 20 horas de cada día.

Para ter dereito ó salario recollido no artigo 21º, cada traballador deberá realizar obrigatoriamente, sempre que houbese ocupación para iso, 22 quendas mensuais, debendo alcanza-lo conxunto dos traballadores en activo unha media trimestral de 23 quendas mensuais.

Cando por circunstancias do traballo se realicen 2 quendas en calquera das existentes nunha xornada laboral, a segunda quenda terá a consideración de cambio de operación.

Cando as necesidades do servicio o permitan, cada traballador poderá voluntariamente supera-lo mínimo de quendas establecido.

Dada a irregularidade na prestación do traballo no porto, o control e cómputo da xornada ou quendas, para os efectos de determina-lo nivel óptimo de emprego, realizarase anualmente para cada traballador. Para estes únicos efectos computaranse como xornadas cumpridas, aínda que non se preste servicio

efectivamente durante a totalidade da xornada, as seguintes situacións:

a) Cando sendo nomeado, o traballo para o cal foi contratado remate antes da conclusión da xornada.

b) Cando as operacións ás que foi destinado non se inicien, ou rematen antes da súa conclusión, por causas alleas á vontade do traballador.

Considerarase actividade o conxunto de xornais realizadas polos traballadores portuarios suxeitos a relación laboral especial, incluíndo os xornais en sábados tarde, domingos e festivos, cambios de operación e licencias sindicais.

Considerarase inactividade aqueles días que, presentándose ós nomeamentos pactados en convenio, non se dea ocupación efectiva. Cada cambio de operación ou destino descontará unha inactividade.

Artigo 12º.-Horario.

Comercial:

Xornada continuada:

De 8 a 14 horas.

De 14 a 20 horas.

De 20 a 2 horas.

De 2 a 8 horas.

Xornada partida:

De 8 a 12 horas e de 14 a 18 horas.

Neste réxime poderanse descargar aquelas mercadorías non incluídas no nomenclátor de mercadorías molestas, nocivas e perigosas, publicado en marzo de 1983, por resolución da Dirección Xeral de Traballo.

Sábados: de 8 a 14 horas.

Sábado tarde: de 14 a 20 horas.

Domingos e festivos: de 8 a 14 horas e de 14 a 20 horas (*).

(*) Esta quenda utilizarase soamente para remata-los labores nun buque, ou por causas de forza maior.

Os días de Noiteboa e Fin de Ano a xornada única será de 8 a 14 horas.

Pesca:

Primeira quenda: de 20 a 2 horas.

Segunda quenda: de 2 a 8 horas.

En ámbalas dúas quendas unha hora de espera para barcos procedentes do mar.

A descarga de camións rexerase polo mesmo horario cás quendas de arrastre.

Calquera outra xornada poderá ser acordada pola dirección da empresa e o comité. En caso de discrepancia entre as partes, será sometida a cuestión á comisión paritaria.

Artigo 13º.-Nomeamentos.

A empresa ten a facultade organizativa do traballo e do persoal para este, distribuíndoo de acordo coas necesidades do porto.

Os traballadores teñen a obriga de asistir ós nomeamentos e aqueles que incumpran esta obriga poderán ser sancionados conforme a lexislación vixente.

Os nomeamentos serán:

Comercial:

Os nomeamentos realizaranse ás 7.45 e 13.45 horas.

Para o traballo en sábado tarde, domingos e festivos acudirase en principio á voluntariedade. No caso de non dispoñer de persoal voluntario, o nomeamento farase por rigorosa orde de lista.

A quenda de 20 horas en vésperas de festivo terá a consideración de voluntaria e aboarase como un cambio de operación. No caso de non dispoñerse de persoal voluntario, o nomeamento farase por rigorosa orde de lista.

Pesca:

O nomeamento realizarase ás 19.45 horas.

Os domingos e festivos o nomeamento realizarase ás 20.30 horas.

Para os efectos de facilita-lo cambio de operación para a realización das quendas mensuais obrigatorias recollidas neste convenio, procederase diariamente a correr un barco ou ben, un capataz, un oficial, dez estibadores e cinco mulleres, se o barco ó que lle correspondese levase menos persoal do sinalado.

Mobilidade de persoal:

En caso de necesidade haberá mobilidade do persoal de operación a operación entre tódalas quendas, é dicir, para as 2 horas, as 8 horas e as 14 horas, a cal será retribuída cun plus de cambio de operación.

Quincenalmente, na quenda das 19.45 horas do xoves, e rotativamente, nomearase un determinado número de traballadores para realiza-las operacións diurnas da quincena seguinte nas quendas de 8 e 14 horas. Os traballadores que fosen destinados á quenda de 14 a 20 horas o día correspondente ó cambio de quincena incorporaranse a pesca no nomeamento das 19.45 horas do domingo, agás no suposto de que todo o persoal dispoñible fose destinado a traballar nas diferentes quendas de pesca do sábado; neste caso serán nomeados para estas quendas en último lugar.

Cando en dous días consecutivos existan barcos que traballen en xornada partida, e para efectos de posibilita-la realización das quendas mensuais obrigatorias, o segundo día comezarase a nomear polo traballador seguinte ó último que fose designado o día anterior para a dita xornada, pasando os anteriormente citados ó final da lista.

Os traballadores destinados a esta quenda quincenal, no caso de non teren ocupación efectiva durante o día, deberán estar dispoñibles para realiza-lo traballo na quenda de 20 horas de comercial e na primeira quenda de pesca, sempre que haxa necesidade real de persoal para as ditas quendas.

Igualmente, o persoal destinado a pesca, de non ter ocupación, estará dispoñible para realizar traballos nas quendas de 8 e 14 horas en comercial, sempre que, de acordo coas previsións de traballo que nos faciliten as empresas estibadoras, haxa necesidade real de persoal para estas quendas, sendo nomeados preferentemente en xornada continuada e incorporándose posteriormente a pesca no lugar que lles corresponda. Se no prazo de 3 meses contados desde a entrada en vigor deste convenio se apreciase unha diferencia importante entre o persoal requirido e o realmente colocado, revisaríase este punto ou estableceríase a diferencia máxima de 5 traballadores. No caso de que estes traballadores desempeñen as súas funcións en xornada partida incorporaranse ó día seguinte na quenda das 8 horas.

As traballadores intercalaranse nos traballos de comercial cos homes, na proporción de 1 muller por cada 4 homes. O nomeamento destas traballadoras realizarase para tódolos destinos de comercial, se ben, polo momento, e mentres non se adapten a tódolos destinos mencionados, irán a postos de almacén, terra e cuberta.

A empresa segundo nomea deberá inescusablemente comunicarlle a todo o persoal, o cometido que deberá realizar e o grupo profesional para que é nomeado, segundo as follas de petición das empresas estibadoras, e de acordo coas normas mínimas establecidas neste convenio.

Os capataces distribuirán os estibadores ó seu cargo tal e como son nomeados. As ordes efectuadas polos capataces deberán ser respectadas polos traballadores, cumprindo en todo momento as normas establecidas neste convenio.

Tódolos traballadores dos distintos grupos profesionais deberán cumprir coa realización das tarefas nos seus respectivos postos de traballo. Calquera irregularidade observada, tanto por parte da empresa estibadora como polos traballadores, notificaráselle ó capataz da operación e este ó supervisor técnico, podendo os traballadores informar posteriormente ó comité de empresa.

Descargas do sector pesca:

Os buques que, a xuízo da empresa, non teñan boa visibilidade para realiza-la descarga nomearán un amanteiro.

Sempre que as circunstancias o permitan procurarase repartir ó 50% os barcos entre ámbalas dúas quendas para facilita-la organización do traballo.

As descargas, unha vez iniciadas, deberán levarse a cabo de forma ininterrompida ata o seu remate.

Se unha empresa do sector pesca desexase realiza-los labores de descarga de maneira distinta á habitual, por utilizar un sistema diferente ou mecanizado, manifestarao ó face-la petición de persoal, e SESTICO, logo de reunión co comité, comunicaralle o número de persoas mínimo necesario, en función do sistema ou mecanización que se vaia utilizar.

Artigo 14º.-Remate de buques.

Para remata-la operación do buque, as empresas estibadoras poderán dispoñer dunha prolongación

dunha hora (remate) nas xornadas de luns a sábado, que se retribuirá de acordo coas táboas de salarios, anexo II.

Artigo 15º.-Vacacións.

Os traballadores portuarios, tanto vinculados por relación laboral común como por relación laboral especial, desfrutarán de 30 días naturais de vacacións anuais retribuídas.

As quendas para o desfrute das vacacións estenderanse do 1 de xuño ó 30 de setembro distribuíndose o persoal en forma rotatoria. Calquera outra quenda fóra das anteriormente sinaladas quedará suxeita ó acordo individual entre empresa e traballador.

A relación das vacacións asignadas publicarase no taboleiro de avisos de SESTICO e nos de tódalas empresas estibadoras, para coñecemento dos traballadores.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e con causa xustificada, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algúns dos seguintes motivos e polo tempo que se indica a seguir:

-20 días naturais en caso de matrimonio.

-2 días por nacemento de fillo. En caso de gravidade 5 días.

-2 días en caso de enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade. 4 días en caso de requirir desprazamento a outra provincia.

-3 días en caso de falecemento de familiar ata o segundo grao. 5 días en caso de requirir desprazamento a outra provincia.

-1 día por cambio de residencia.

-Polo tempo imprescindible para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

En todos estes casos o traballador percibirá o salario diario garantido, que se lle aboará na nómina correspondente do mes no que se produzan as ditas licencias.

Artigo 17º.-Licencias sen dereito a retribución.

O persoal que cumprise polo menos un ano de servicio efectivo poderá solicitar licencia sen soldo por un prazo non inferior a 30 nin superior a 180 días.

As ditas licencias seranlles concedidas dentro dos 15 días seguintes ó da solicitude, sempre que o permitan as necesidades do servicio. A duración acumulada destas licencias non poderá exceder de seis meses cada dous anos.

Artigo 18º.-Excedencias.

Poderán solicitar excedencia voluntaria tódolos traballadores cunha antigüidade mínima de dous anos.

As peticións dirixiranse á dirección da empresa que corresponda, a cal resolverá dentro dos 15 meses seguintes á solicitude.

A excedencia voluntaria concederase sen dereito a percibir soldo nin retribución ningunha por un período non inferior a un ano nin superior a cinco e transcorrido o período de excedencia sen solicita-lo reingreso cun mes de antelación, perderá o excedente a súa condición de traballador na empresa.

Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de catro anos como mínimo de servicio efectivo á empresa.

Os traballadores poderán acollerse á suspensión de contrato de traballo, nos termos sinalados no Estatuto dos traballadores e cos efectos fixados no artigo 48 do dito texto legal, nas seguintes circunstancias:

a) Incapacidade temporal ou substitutoria.

b) Servicio militar ou servicio substitutorio. En tal excedencia forzosa, o traballador terá dereito ó cómputo do tempo para efectos de antigüidade e reserva do posto de traballo ás pagas extraordinarias correspondentes.

c) Maternidade. Dará lugar a excedencia voluntaria con reserva do posto de traballo.

Artigo 19º.-Festas.

As festas que desfrutarán os traballadores serán as que cada ano estableza a autoridade laboral no calendario laboral, sen prexuízo de que nas ditas festividades poidan realizarse actividades portuarias, cando sexa necesario, e de acordo co réxime de voluntariedade de servicios e compensacións económicas estipuladas.

Igualmente, considéranse festivos os días 1 de xaneiro, 1 de maio (festa do traballo), 16 de xullo (Nosa Sra. do Carme, festa do sector) e 25 de decembro.

Os labores correspondentes ó día 17 de xullo comezarán ás 00.00 horas.

Capítulo V

Condicións retributivas

Artigo 20º.-Estructura da retribución.

En cumprimento do establecido no artigo 9.3º do II acordo sectorial, fíxase a seguinte estructura retributiva, a cal se realizará e aboará por nóminas mensuais.

-Salario

-Antigüidade

-Pluses de destino

-Cambio de operación

-Plus de transporte

-Pagas extras

-Retribución durante as vacacións

-Horas extraordinarias estructurais

A estructura económica deste convenio rexerá ata o 31 de decembro de 1996. As revisións salariais dos anos 1997 e 1998 negociaranse ó principio de cada ano.

Artigo 21º.-Salario.

O salario será igual para tódolos grupos e a súa contía será de 170.910 pesetas mes, segundo se reflicte no anexo II.

Artigo 22º.-Complemento persoal de antigüidade.

Tódolos traballadores portuarios, tanto os vinculados por relación laboral especial, como os vinculados por relación laboral común, percibirán un complemento persoal de antigüidade, consistente en quinquenios, da contía global e igual para tódolos grupos, de 5.894 pesetas mensuais cada un, que se percibirá nos doce meses naturais do ano.

A data inicial do cálculo dos quinquenios será a que teñen actualmente recoñecida os traballadores, e, respecto ós de novo ingreso, a da súa contratación.

Artigo 23º.-Plus de destino e cambio de operación.

Os días que o traballador preste servicio efectivamente, percibirá en concepto de plus de destino as cantidades sinaladas no anexo II de acordo co traballo que desempeñe.

En cada cambio de operación aboaranse 8.000 pesetas.

Artigo 24º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte ó mes de 7.885 pesetas.

Artigo 25º.-Pagas extraordinarias.

Os días 15 dos meses de xuño e decembro, tódolos traballadores portuarios percibirán cadansúa paga formada polo salario e a antigüidade correspondente a cada traballador.

Nos supostos de ingreso ou cesamento do traballador no curso do ano, as pagas de referencia percibiranse en proporción ós meses traballados.

Artigo 26º.-Retribución durante as vacacións.

A nómina correspondente ó mes en que o traballador desfrute as vacacións regulamentarias estará formada pola media dos conceptos incluídos nas nóminas de periodicidade mensual correspondentes ós últimos 11 meses e que a seguir se detallan:

-Salario

-Antigüidade

-Total pluses

Artigo 27º.-Horas extraordinarias estructurais.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais dentro do sector afectado polo presente convenio as realizadas por necesidades de servicio, de acordo co artigo 3ª da Orde do 1 de marzo de 1983, publicada no BOE do 7 de marzo.

Artigo 28º.-Cotización á Seguridade Social.

A cotización á Seguridade Social serán en función dos correspondientes grupos de categoría, de acuerdo con lo que establecen as normas de réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, aplicable ós traballadores portuarios, de acordo a como se viña cotizando anteriormente.

Capítulo VI

Formación profesional. Clasificación profesional. Ascensos

Artigo 29º.-Formación profesional.

SESTICO asume a responsabilidade de impulsar e coordina-las accións formativas necesarias en colaboración coas empresas estibadoras, o comité de empresa e a Administración pública.

A este fin, as empresas porán en coñecemento de SESTICO calquera proxecto de implantación de novas tecnoloxías, maquinaria ou instalacións que requiran a formación de profesionais de especialidades non existentes na actualidade. A dita comunicación realizarase con antelación suficiente para que as empresas dispoñan de persoal capacitado ó se inicia-la aplicación da innovación obxecto da formación.

Tódalas accións formativas deberán garanti-la plena igualdade de oportunidades a tódolos traballadores portuarios, ben sexan de relación laboral común ou especial.

A clasificación profesional e os sistemas para a promoción corresponderán exclusivamente a SESTICO, que contará, ademais, coas opinións dos representantes dos traballadores e das empresas estibadoras, así como daqueles outros profesionais ou organismos que considere oportunos.

Os traballadores que participen en cursos de formación profesional, así como os que se examinen de estudios académicos para obter un título, gozarán dos permisos necesarios sen perda de remuneración ningunha.

Os distintos cursos de formación programaranse, preferentemente e sempre que sexa posible, fóra da xornada laboral, sendo obrigatoria a asistencia a eles.

Artigo 30º.-Clasificación profesional.

Os grupos profesionais existentes na actualidade son:

a) Grupo IV: capataz.

b) Grupo III: controlador de mercadoría.

c) Grupo II: oficial manipulante.

d) Grupo I: estibador.

Os futuros sistemas de agrupación e clasificación profesional abranguerán tódolos traballadores portuarios, tanto vinculados a SESTICO por relación laboral especial como ás empresas estibadoras por relación laboral común.

Acéptase como principio regulador das relacións empresa e traballador, que a igual traballo, sen distinción de sexo, debe corresponder igual retribución, respectando sempre os dereitos que implique a antigüidade.

Artigo 31º.-Ascensos.

As partes asinantes do convenio conveñen en que os criterios que se consideran deberían axustarse ó seguinte:

Deberá afectar á totalidade dos traballadores portuarios.

Respectarase a plena igualdade de oportunidades sen prexuízo de gradua-las preferencias para o acceso a grupo superior, concedendo preferencia á formación de cada estibador tendo en conta, igualmente, a antigüidade e idade do traballador.

Deberá axustarse ás necesidades reais de ocupación, co fin de non crear expectativas de promoción inviables, permitindo a ocupación de vacantes da categoría adquirida a curto prazo.

Deberá recolle-la situación dos traballadores vinculados por relación laboral común e os vinculados por relación laboral de carácter especial.

Deberá recoller, en todo caso, a intervención do órgano cualificador da profesionalidade que se cree para o efecto.

As vacantes producidas cubriranse con persoal portuario, de SESTICO ou das empresas estibadoras, segundo corresponda, que se titulase no grupo que proceda, baixo a formación profesional acreditada, de acordo co establecido no artigo 29.

Capítulo VII

Disciplina. Faltas. Sancións

Artigo 32º.-Potestade disciplinaria.

A potestade disciplinaria para a avaliación e imposición de sancións por incumprimentos contractuais dos traballadores vinculados ás empresas estibadoras por relación laboral común, corresponde exclusivamente a estas.

A potestade disciplinaria para a avaliación e imposición de sancións por incumprimentos contractuais dos traballadores vinculados por relación laboral especial coa Sociedade de Estiba, correspóndelle exclusivamente a esta, se ben cando unha empresa estibadora considere que un traballador portuario do cadro de persoal de SESTICO posto á súa disposición incorrese nun incumprimento contractual, comunicarallo inmediatamente por escrito a SESTICO para que adopte as medidas cautelares e disciplinarias que coide convenientes no ámbito da súa competencia, sen prexuízo de que SESTICO poida acorda-las ditas medidas por propia iniciativa, de ter coñecemento da infracción.

Artigo 33º.-Procedemento sancionador.

As sancións que se impoñan ós traballadores portuarios, ben sexan de relación laboral especial ou de relación laboral común, efectuaranse sempre por escrito, calquera que sexa o grao da infracción, debéndose indica-los feitos que a motivan, a avaliación da falta segundo a súa gravidade, a sanción que se impón e a data na que se fará efectiva a sanción.

Tódalas sancións poderán ser impugnables directamente ante a xurisdicción laboral, nos termos da Lei de procedemento laboral.

Isto non obstante, os traballadores sancionados poderán, facultativamente, presentar un escrito de descargos contra a sanción no que non poderán esixir á empresa a práctica de probas, pero ó que poderán xuntar aquelas de que dispoñan ou que coiden conveniente achegar. O escrito de descargos deberá presentarse dentro dos tres días hábiles seguintes á notificación da sanción, e deberá ser resolto pola empresa que sancionase, dentro dos tres días seguintes á recepción do escrito de descargos.

Se a empresa non contesta expresamente no prazo de tres días, entenderase tacitamente confirmada a sanción. De contestarse o escrito de descargos no sentido de modifica-lo acordo sancionador, quedará sen efecto a primeira cualificación da falta e a sanción e, contra a segunda, quedará aberta a vía do recurso xurisdiccional.

A presentación do escrito de descargos implicará a suspensión da sanción e, consecuentemente, interromperá os prazos de prescrición da falta e das accións para impugnala, desde o momento da presentación do escrito de descargos e ata a data da resolución -expresa ou tácita-da empresa. No suposto de non se presentar escrito de descargos quedará imposta a sanción.

Das sancións que se impoñan por faltas graves e moi graves daráselle conta ós representantes legais e sindicais dos traballadores.

Así mesmo, cando o traballador sexa representante legal dos traballadores ou delegado sindical, establecerase sen prexuízo do disposto no Estatuto dos traballadores, con carácter previo á imposición da sanción por faltas graves e moi graves, un prazo de tres días hábiles co fin de dar audiencia a este e ós restantes membros da representación a que o traballador pretencese, así como ós delegados sindicais no suposto de que o traballador sancionado estivese afiliado a un sindicato e así lle constase á empresa.

Entenderase que o procedemento arriba indicado servirá, para tódolos efectos, de expediente contradictorio para os representantes legais e sindicais.

Para estes efectos, non se computarán como días hábiles os sábados.

Artigo 34º.-Prescrición.

Das faltas: as faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a empresa que teña a potestade sancionadora tivese coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de cometerse.

Das sancións: as sancións firmes impostas por faltas moi graves prescribirán ós noventa días, por faltas graves ós sesenta días e as impostas por faltas leves ós trinta días.

O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza o acordo polo que se impón a sanción.

Artigo 35º.-Extinción da responsabilidade disciplinaria.

A responsabilidade disciplinaria extínguese pola prescrición da falta, a prescrición da sanción, cumprimento da sanción ou falecemento do traballador.

Artigo 36º.-Graduación de faltas.

Faltas leves:

1. Faltar á lista de chamamento dous días consecutivos ou máis de dous alternos ó mes, sen xustificación, ou non facelo no prazo dos tres días seguintes á falta. Considérase falta á lista de chamamento a inobservancia das normas de control da asistencia establecidas no porto.

2. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo (máis de dez minutos de atraso), sen a debida xustificación durante o período dun mes.

3. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

4. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo durante a xornada. Se tales discusións producen escándalo notorio, poderán ser consideradas como falta grave.

5. Incorrer en pequenos descoidos na conservación dos materiais e utensilios que o traballador teña ó seu cargo.

Faltas graves:

1. Faltar á lista de chamamento tres días consecutivos ou cinco alternos no período dun mes, sen xustifica-la súa causa dentro dos tres días seguintes a cada falta.

2. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas durante o período dun mes. Cando tivese que relevar un compañeiro, abondará unha soa falta de puntualidade para que esta se considere como falta grave.

3. A falta de asistencia ó traballo despois de ser contratado ou facelo cun atraso superior a unha hora por causa imputable ó traballador, abandona-lo traballo antes do remate das operacións ou negarse a realiza-lo que lle corresponda segundo a quenda de rotación. Se como consecuencia do anterior se

causase prexuízo de consideración ou fose causa de accidente, esta falta será considerada como moi grave.

4. Simula-la presencia dun traballador durante a lista de chamamento, ou a súa substitución no traballo por outro traballador, ou permuta-la realización de determinadas faenas sen coñecemento ou anuencia da empresa.

5. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha deste, a diminución voluntaria do rendemento, ou retarda-lo cumprimento das ordes recibidas dos seus superiores, sen causa que habilite para iso.

6. Non comunicarlles ás empresas, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia, que poidan afectar á Seguridade Social, e que cause prexuízo á empresa. A falta maliciosa destes datos considerarase como falta moi grave.

7. A asistencia á lista de chamamento, ó traballo, así como a permanencia dentro da zona portuaria en estado de embriaguez ou derivado do consumo de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas, cando non sexa habitual.

8. A negativa a someterse ós controis de alcoholemia, a requirimento da Sociedade de Estiba.

9. Ofender ou faltar ó respecto ós compañeiros de traballo. Se implicase quebranto da disciplina, ou dela se derivase prexuízo notorio para as empresas ou compañeiros de traballo, considerarase como falta moi grave.

10. Neglixencia na observación e cumprimento das normas ou instruccións sobre seguridade e hixiene ou das medidas que sobre a materia se deban observar. Se da dita neglixencia se derivase accidente, esta falta poderá ser considerada como moi grave.

11. A negativa por parte do traballador a utilizar medios de protección persoal ou a deterioración maliciosa deles.

12. A negativa a realizar traballos en horas extraordinarias ou de remate nos termos pactados en convenio colectivo.

13. Mal uso dos medios auxiliares de carga e descarga e instalacións dos peiraos que orixinen rotura ou maior desgaste do que normalmente produce o seu uso.

14. A imprudencia grave en acto de servicio. Se implicase risco de accidente para el ou para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave.

15. A negativa por parte do traballador a realizar labores en polivalencia ou mobilidade funcional, nos termos pactados en convenio colectivo e/ou acordos sectoriais.

16. A non comunicación polos capataces das infraccións realizadas polos traballadores que estean

baixo as súas ordes. Se existise connivencia por parte do capataz, esta considerarase como moi grave.

17. Esixi-lo pagamento de gratificacións, primas ou outras remuneracións non previstas no convenio de aplicación, pola práctica de determinadas faenas.

Faltas moi graves:

1. Faltas ás listas de chamamentos durante catro veces consecutivas ou 10 alternas no mes, sen xustificación ou non facelo dentro dos tres días seguintes a cada falta.

2. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas nun período de seis meses.

3. As faltas inxustificadas ó traballo máis de tres días nun período dun mes.

4. A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas durante o traballo, sempre que fose habitual.

5. Orixinar rifas e pendencias cos seus compañeiros e/ou participar activamente nelas.

6. Permiti-los encargados ou capataces o traballo de persoal para a realización de labores incluídos no ámbito funcional do convenio colectivo de aplicación, incumprindo as normas legais ou o pactado nel.

7. Facer desaparecer, inutilizar, derramar ou causar avarías en utensilios e ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios e documentos, de forma voluntaria.

8. Causar accidentes por neglixencia ou imprudencia inescusable.

9. A simulación de enfermidade ou accidente.

10. A fraude, a deslealdade, o abuso de confianza, a transgresión da boa fe contractual e, en xeral, os actos que produzan prexuízo grave e desprestixio da empresa.

11. Revelar a elementos estraños ás empresas datos de reserva obrigada.

12. Proporcionar ou usa-la información, declaracións ou documentos falsos ou adulterados ou a mantenta defectuosos para obter determinados beneficios económicos ou doutra índole.

13. Os malos tratos de palabra ou obra e a falta de respecto e consideración ós empresarios, encargados, capataces, así como ós compañeiros de traballo ou subordinados.

14. A desobediencia, considerándose como tal a negativa a efectua-lo traballo ordenado, infrinxíndose o disposto sobre obrigas dos traballadores.

15. O abuso de autoridade por parte dos encargados ou capataces respecto do persoal que lle estea subor

dinado, así como esixir deste ou admitir del dádivas, obsequios ou favores de calquera natureza.

16. A estafa, o roubo ou o furto, tanto ós seus compañeiros de traballo como de mercadorías.

17. Causar desperfectos, intencionadamente ou por neglixencia na mercadoría manipulada.

18. Accidentarse intencionadamente ou prolongar, por algún procedemento de fraude, a normal curación das lesións consecutivas ó accidente.

19. O contrabando de mercadorías e/ou divisas, con ocasión do traballo.

20. O rexeitamento por parte do traballador de dúas ofertas de emprego adecuadas ó seu grupo profesional e especialidade provenientes de empresas estibadoras que desexen establecer con el unha relación laboral común, de acordo co disposto na lexislación vixente.

21. A diminución continuada e voluntaria no rendemento de traballo normal ou pactado convencionalmente, ou induci-lo compañeiros para tal fin.

22. A participación en folga ilegal ou en calquera forma de alteración colectiva ilegal no réxime normal de traballo.

23. A negativa durante unha folga á prestación dos servicios mínimos.

Artigo 37º.-Sancións.

Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo dunha a tres quendas, ou o mesmo número de días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de catro a quince quendas, ou o mesmo número de días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a noventa quendas, ou o mesmo número de días.

-Despedimento.

Entenderase cumprida a sanción de suspensión de emprego e soldo regulada na presente alínea, cando se cumprisen as quendas ou transcorresen igual número de días cás quendas sancionadas.

Capítulo VIII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 38º.-Normativa sobre seguridade e hixiene.

Mentres non se desenvolva o estipulado no artigo 12 do II acordo sectorial, sobre as medidas que se adoptarán para a mellor protección dos riscos de seguridade e hixiene, seguiranse aplicando as normas actualmente en vigor.

Artigo 39º.-Roupa de traballo.

SESTICO comprométese a entregar a tódolos traballadores os seguintes medios de protección e seguridade:

-1 par de botas de seguridade ó ano.

-1 par de botas de auga ó ano.

-1 traxe de auga ó ano.

-1 traxe de frío composto de 1 pantalón e 2 chaquetas cada 2 anos.

-1 funda e 1 traxe de faena ó ano.

-1 casco ou elemento identificador para sinalar que traballador exerce as funcións de capataz.

-Máscaras de celulosas, protectores de riles, luvas, etc.

-Tódolos demais medios de protección sinalados na vixente lexislación sobre seguridade.

O material arriba indicado entregaráselle ós traballadores, agás causa de forza maior, no mes de xaneiro do ano que corresponda.

Capítulo IX

Dereitos de reunión e información -dereito dos representantes dos traballadores -dereitos sindicais

Artigo 40º.-Dereito de reunión e información.

Sen prexuízo dos dereitos sindicais recoñecidos e declarados na lexislación vixente, os traballadores portuarios afectados polo presente convenio teñen os seguintes dereitos:

40.1. A representación dos traballadores poderá convocar asembleas nos locais da sociedade estatal. Para iso, terán dereito ó uso dos salóns de nomeamento de SESTICO, ou de calquera outro que esta poña o seu dispor, antes ou ó remata-los chamamentos diarios, sen máis requisitos que non interromper estes.

40.2. A recibir información a través dos seus representantes.

40.3. A que lles sexan facilitados a título individual, os datos mecanizados polas empresas nos que conste información relativa á súa persoa.

Artigo 41º.-Dereitos da representación dos traballadores.

En igual sentido que no indicado no apartado anterior, os representantes legais dos traballadores teñen os seguintes dereitos:

41.1. Uso de 40 horas mensuais acumulables retribuídas para a xestión sindical. Non se estiman como tales as ocasionadas por viaxes con motivos sindicais, neste caso só se computarán as correspondentes ás quendas nas que lles correspondese traballar efectivamente.

41.2. As horas de xestión serán acumulables duns representantes a outros sen que se poida exceder do número total correspondente.

41.3. As seccións sindicais constituídas, e aquelas que se constitúan, terán dereito a nomear un delegado sindical cunha reserva de 40 horas mensuais retribuídas para a xestión sindical. O indicado crédito horario será tamén acumulable.

41.4. A retribución do crédito sindical será do salario real dunha quenda normal de traballo.

Artigo 42º.-Dereitos sindicais.

Serán de aplicación os restantes acordos alcanzados no artigo 14 do II acordo sectorial, en relación cos dereitos que se regulan no presente artigo, e nos dous anteriores.

Artigo 43º.-Función de SESTICO.

En cumprimento do obxecto que asigna ás sociedades de estiba e desestiba o artigo 7 do Real decreto lei 2/1986, SESTICO contribuirá á realización das actividades portuarias descritas no artigo 1º deste convenio, facilitando ás empresas estibadoras os traballadores portuarios, de profesionalidade acreditada que lles sexan necesarios en cada momento para a súa execución, baixo os criterios de regularidade, eficacia e o menor custo posible do servicio.

Artigo 44º.-Persoal que preste servicio ás empresas estibadoras.

Para o cumprimento da función que se describe no artigo anterior, as empresas estibadoras contarán cos traballadores portuarios propios, contratados por relación laboral común, e os traballadores portuarios pertencentes ó cadro de persoal fixo de SESTICO, os servicios dos cales poderán solicitar en función das súas necesidades. En calquera caso, e de non dispoñerse de persoal do anteriormente indicado, as empresas estibadoras estarán obrigadas a completa-las mans ou equipos de traballo que en cada momento solicitase, contratando para iso traballadores portuarios que dispoñan da necesaria cualificación profesional.

Artigo 45º.-Dirección e control da actividade laboral.

A organización do traballo é competencia da sociedade estatal e das empresas estibadoras, cada unha dentro do seu ámbito, respectándose o establecido no presente convenio.

En correspondencia con esta competencia, a dirección, o control e a responsabilidade das actividades laborais dos traballadores portuarios que interveñan nas operacións, corresponderá á empresa estibadora que os realice, e iso con independencia de se o fai con persoal portuario propio de relación laboral común ou con persoal de SESTICO, se ben, neste último caso, tal responsabilidade quedarán limitada

ó tempo no que os traballadores estean destinados ás operacións para as que fosen chamados pola empresa estibadora.

A transmisión e execución das ordes das empresas levarase a cabo a través da estructura orgánica dos traballadores portuarios.

Os traballadores comprométense a realiza-las tarefas que lles sexan asignadas, en calquera das empresas estibadoras, cumprindo as ordes impartidas por estas sempre que as ditas ordes respecten o negociado no convenio colectivo con respecto ás condicións laborais dos traballadores con relación laboral especial e dos traballadores con relación laboral común.

Artigo 46º.-Melloras sociais.

A empresa manterá as melloras sociais que ata agora viñan desfrutando, do seguinte xeito:

Economatos: serán aboados directamente pola empresa.

Seguros de vida: establecerase un seguro colectivo de accidentes por unha contía de 4.000.000 de pesetas en caso de falecemento e de ata 500.000 de pesetas en caso de invalidez. En caso de baixa por accidente de traballo establécese un complemento salarial de 750 pesetas diarias.

Asistencia: establécese unha cantidade de 4.300.000 pesetas para efectos asistenciais; a súa cobertura será a reflectida no anexo I.

Cláusula adicional

Acórdase expresamente que o ámbito persoal do presente convenio colectivo se estenderá, exclusivamente, ós traballadores portuarios que teñan a condición de fixos da Sociedade Estatal de Estiba e Desestiba do Porto da Coruña, S.A., con relación laboral especial, ós traballadores portuarios que suspendan temporalmente a relación laboral especial coa Sociedade Estatal de Estiba e constitúan unha relación laboral común cunha empresa estibadora de conformidade co establecido no artigo 10 do Real decreto lei 2/1986, do 23 de maio, e ós traballadores acollidos á disposición transitoria 2ª,2, parágrafo 3ª do antedito real decreto lei, ós que, para efectos de evitar indesexadas tensións dentro do colectivo laboral das súas respectivas empresas, se integrará plenamente dentro deste convenio nun prazo máximo de 10 anos.

Os traballadores acollidos á disposición transitoria 2ª.2 parágrafo 3º, continuarán realizando a función recollida pola comisión mixta na acta do 23 de novembro de 1995 durante a vixencia deste convenio.

Así mesmo, estes traballadores continuarán, durante o dito período, coas condicións laborais actuais ou as que no futuro se poidan pactar.

Táboa salarial ano 1996

Cambio de operación: 8.000

Mensual

garantido

Xornada

normal-

intensiva

Xornada

nocturna

20-2

Xornada

nocturna

2-8-

sábado

8-14

Xornada

frío/especial

normal

Xornada

frío/especial

nocturna

Xornada

frío/especial

sábado

Xornada

fresco

21-2/2-8-

bacallao-

pesqueiro

conxelador

Xornada

sábado

14-20/20-2-

domingo

08-14

Xornada

sábado

14-20/20-2

frío/especial-

domingo

8-14

frío/especial

Capataz170.9103.622

(2.383)

7.278

(3.149)

8.201

(3.149)

5.925

(3.018)

9.557

(3.782)

9.287

(3.259)

3.622

(2.383)

22.649

(3.020)

25.039

(3.020)

Anotador

Clasificador

Neveira (*)

Bodega (**)

170.9102.440

(2.092)

6.119

(2.887)

7.702

(2.887)

4.487

(2.609)

8.568

(3.256)

8.054

(3.033)

2.440

(2.092)

20.255

(2.701)

22.385

(2.701)

Amanteiro

Maquinilleiro

Oficial

170.9101.933

(2.035)

4.764

(2.744)

6.418

(2.744)

3.532

(2.496)

6.599

(3.070)

6.683

(2.776)

1.933

(2.035)

19.140

(2.553)

20.801

(2.553)

Especialista170.9101.6004.5635.7053.3026.3635.8221.60018.66120.437

(*) Para buques de fresco

(**) Pesqueiro conxelador

ANEXO I

Concederanse axudas a tódolos traballadores de SESTICO, así como ós familiares ó seu cargo, concretándose da seguinte maneira:

1. Axudas en caso de prolongada ou custosa enfermidade, a cal será acordada entre a empresa e o comité en función da situación do traballador.

2. Axudas nos casos de accidente, operacións, traslados e gastos de hospital, etc., sempre que a Seguridade Social non cubra estas continxencias coas suficientes garantías e que se acordará igual ca no punto anterior.

3. Axudas regulamentarias nos seguintes casos:

3.1. Ortodoncia (odóntologo). A contía para cursar solicitude de axuda por este apartado (que deberá reflectirse na factura correspondente), é de 53.000 pesetas, concedéndose un 50% do que importen os gastos. No caso de que a factura que se presente supere as 106.000 pesetas só se pagará ata o 50% das citadas 106.000 pesetas.

3.2. Tratamentos médicos. Enténdense para estes efectos os tratamentos de custo elevado e cunha certa duración no tempo.

Para cursar solicitude por este apartado presentarase un orzamento aproximado dunha duración mínima de 6 meses; as súas contías estarán entre 95.000 pesetas como mínimo e 475.000 pesetas como máximo nos referidos a seis meses. Neste caso concederase o 75% da contía dos gastos, revisándose a prestación ó remate dos seis meses.

3.3. Ortopedia. O mínimo a que deben ascende-los gastos, para solicita-la axuda, neste apartado é de 30.000 pesetas, e o período de revisión 18 meses.

Concederase: de 30.001 a 40.000 o 60%.

De 40.001 a 50.000 o 70%.

De 50.001 a 60.000 o 80%.

De 60.001 a 70.000 o 90%.

De 70.001 a 80.000 o 100%.

-A partir de 80.000 pesetas concederase o tope da táboa, é dicir, 80.000 pesetas, non admitíndose peticións que superen a cantidade de 85.000 pesetas.

3.4. Intervencións cirúrxicas. Gozarán de axuda do fondo de asistencia as intervencións cirúrxicas cuns gastos que estean abranguidos entre un mínimo de 53.000 pesetas e un máximo de 106.000 pesetas, unha vez excluídos os gastos do acompañante, sendo a prestación como segue:

-De 53.000 a 80.000 pesetas o 50%.

-De 80.001 a 106.000 pesetas o 40%.

3.5. Ópticos. Só gozarán de axuda os gastos por lentes ou lentes de contacto graduadas.

Concedidas unhas lentes ou lentes de contacto para o titular ou algún dos seus beneficiarios, soamente se admitirá a renovación para a mesma persoa unha vez transcorrido un ano da anterior concesión, agás no caso de que exista unha variación significativa da corrección óptica. A axuda para lentes de contacto aboarase cando a utilización destas sexa por prescrición médica. A axuda será do 50% do custo real, cun límite máximo de 11.000 pesetas para a montura e do 75% do custo real, cun límite máximo de 16.000 para os cristais.

3.6. Próteses auditivas. Se a utilización dunha prótese auditiva é por prescrición facultativa, concederanse axudas do 50% do custo real, cun límite máximo de 16.000 pesetas.

4. Axudas extrarregulamentarias en caso de incapacidade total ou parcial do traballador.

5. Aboamento do economato para xubilados.

6. O traballador que se crea con dereito a unha axuda do capítulo de asistencia, e en atención a excepcionais circunstancias, formulará a súa petición mediante escrito razoado dirixido á empresa ou ó comité, con achega dos documentos e datos que acrediten a súa necesidade. A empresa ou o comité poderán solicitar novos documentos e datos se así o consideran conveniente.

Na reunión inmediata da empresa co comité resolverase a petición, comunicándolle ó traballador por escrito o acordado ó respecto.

2781