Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.689

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 26 de marzo de 1997 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Criterios metololóxicos para a elaboración dun contrato-programa ou concerto singular sectorizado de atención especializada a partir da UPH. Experiencias en Galicia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1º. Queda aprobado o prezo de venda ó publico da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2º. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

CRITERIOS METODOLÓXICOS PARA A ELABORACIÓN DUN CONTRATO-PROGRAMA OU CONCERTO SINGULAR SECTORIZADO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A PARTIR DA UPH. EXPERIENCIAS EN GALICIA: 1.500 PESETAS

2784