Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/262-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Parque Eólico de Barbanza, S.A.

Domicilio social: Avda. de Burgos, 8-B, planta 18, 28000 Madrid.

Denominación: liña de 66 kV do parque eólico de Barbanza.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: liña aérea a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico de Barbanza propiedade da sociedade e final na subestación de Porto do Son, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., cunha lonxitude de 6.950 m e percorrido polo concello de Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2684