Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 18 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004482/1997, interposto por Manuel Vázquez Fernández.

Con data 12 de marzo de 1997, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe la Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004482/1997, interposto por Manuel Vázquez Fernández, contra acordos do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, con datas 9-10-1996 e 18-11-1996, desestimatorios de solicitude de revisión de oficio e declaración de nulidade de resolución do mesmo xurado con data 18-11-1981, de clasificación dos montes Sobrán e Vilaxoán, do termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

En consecuencia, esta presidencia acordou de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan persoarse e comparecer en forma nos autos na Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de nove días.

Pontevedra, 18 de marzo de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común

2929