Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 001-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica e 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa MADE, Energías Renovables, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, da instalación do parque eólico Bustelo I coas seguintes características:

Peticionario: MADE, Energías Renovables, S.A. Avda. de Burgos, 8-B, edificio Génesis, planta 18. 28036 Madrid.

Situación: concello de Muras (Lugo). Altos de Abeledo, Bustelo e Montouto, e zona noroeste de Bustelo.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V(601.000, 4.818.000); V(601.000, 4.816.000).

V(641.500, 4.817.000); V(604.500, 4.815.000).

Características técnicas principais:

* 76 aeroxeradores de potencia unitaria 325 kV cunha potencia total para instalar de 24,7 MW.

* 17 transformadores de potencia nominal unitaria entre 1600 kVA e 2000 kVA, con liñas eléctricas subterráneas de interconexión.

As persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas obxeccións ou oposición, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial na rúa Pascual Veiga, 12-14, 27071 Lugo, ou en calquera das formas e lugares recollidas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 31 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2931