Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña subterránea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV de enlace da subestación troncal coa subestación Balaídos, no concello de Vigo. (Expediente 434/1996 A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 4 de decembro de 1996, a citada empresa solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da liña subterránea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV de enlace da subestación troncal coa subestación Balaídos, no concello de Vigo (Pontevedra), (Expte. 434/1996), presentando o preceptivo proxecto de instalacións ó que fai referencia o artigo 8 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características técnicas básicas da instalación serán as seguintes:

-Liña eléctrica subterránea a 132 kV de 3.812 m de lonxitude, conductor R.H.V. 132/76, con orixe na subestación troncal e final nunha arqueta de empalme co segundo tramo desta liña (Expte. 423/1995), que chega á subestación de Balaídos.

O orzamento da instalación ascende a 232.881.011 ptas.

Segundo.-O citado proxecto de instalacións someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, do 9-12-1996; publicouse no DOG do 28-1-1996 e no BOP de Pontevedra, do 24-1-1996, sen que conste no expediente que se presentasen alegacións ó proxecto. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, con motivo de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente foi informada favorablemente pola dita delegación provincial.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación

forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto nos capítulos III e IV do Decreto 2617, do 20 de outubro, xa citado.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña subterránea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre as subestacións troncal e Balaídos, tramo I, no concello de Vigo (Pontevedra).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2932