Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/404-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Of. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. canteiras de Budiño.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 719 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde o apoio 5 da L.M.T. Salceda-Salvaterra ata o entronque coas liñas a Ortiz e Vda. de Marcelino Martínez no lugar de Forna-Budiño, concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministeriores, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2660