Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4701 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Magnesitas de Rubián, S.A.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en industria mineira.

Características: anteproxecto da central de coxeración, motor combustión interna 2x1.200 kW de potencia; combustible gasóleo; potencia xerador 2x1.500 kVA.

Orzamento: 171.093.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 13 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2164