Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.654

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 1 de abril de 1997 pola que se permuta o predio número 203 da zona de concentración parcelaria de Albixoi-Lanzá (Mesía-A Coruña), polo predio denominado Salgueiroi, ó lugar de Vilaxoán no mesmo concello.

Vista a solicitude formulada por José Luis Martínez Embil en representación da sociedade mercantil Explotación de Rocas Industriales y Minerales, Sociedad Anónima (ERIMSA) para permuta-lo predio denominado Salgueiroi ó lugar de Vilaxoán no Concello de Mesía (A Coruña), polo predio nº 203, terra sobrante do proceso de concentración parcelaria da zona de Albixoi-Lanzá (Mesía) co fin de evita-lo enclave que este supón no proxecto de instalación fabril que a citada sociedade desexa levar a cabo no mencionado municipio, e

Vistos os informes favorables emitidos pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola Asesoría Xurídica, a Intervención Delegada e o técnico topógrafo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, os artigos 31 e seguintes da Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a disposición transitoria cuarta da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1989, a disposición transitoria terceira da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1992, ambas modificatorias da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais disposicións legais de aplicación ó caso,

Considerando que o fin ó que se destinará o predio nº 203 do proceso concentrador da zona de Albixoi-Lanzá (Mesía) actualmente integrado no Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, redunda no beneficio das parroquias de Albixoi-Lanzá e, no xeral do propio Concello de Mesía ó xerar considerable número de postos de traballo a través das súas actividades fabrís, implicando unha elevación do nivel de vida da zona,

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Permuta-lo predio nº 203 terra sobrante do proceso concentrador da zona de Albixoi-Lanzá (Mesía-A Coruña) de 18.890 m de superficie adicada a monte, polo predio propiedade da sociedade mercantil Explotación de Rocas Industriales y Minerales, Sociedad Anónima, denominada Salgueiroi, ó lugar de Vilaxoán (Mesía-A Coruña) de 25.564 m de extensión, co obxecto de instala-la planta fabril da mentada sociedade, procedendo a reversión do citado ben ó Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no caso de que no prazo de cinco anos desde

a formalización da referida permuta, o predio nº 203 non sexa destinado ó fin que xustificou a súa trasmisión.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2682