Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.654

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 1 de abril de 1997 pola que se lle cede ó Concello de Vedra (A Coruña) o pleno dominio do predio número 562 da zona de concentración parcelaria de Sales-Illobre (Vedra-A Coruña).

Vista a solicitude de transmisión do pleno dominio do predio nº 562, integrante do Fondo de Terras resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Sales-Illobre (Vedra-A Coruña), formulada por Pedro Guitián Rodríguez na súa calidade de alcalde-presidente do Concello de Vedra (A Coruña) co fin de destina-la a ampliación do cemiterio parroquial de S. Félix de Sales, e

Vistos os informes favorables emitidos pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, os artigos 31 e 32 da Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a disposición transitoria cuarta da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1989, a disposición transitoria terceira da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1992, ambas modificatorias da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais disposicións legais de aplicación ó caso.

Considerando que o fin a que se destinará o predio nº 562, integrado no Fondo de Terras do proceso concentrador levado a cabo na zona de Sales-Illobre (Vedra), cumpre os requisitos esixidos pola lexislación vixente, dado que se destinará a ampliación do cemiterio parroquial de S. Félix de Sales, o que supón un beneficio para a xeneralidade da citada parroquia,

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Trasmiti-lo pleno dominio do predio nº 562, procedente do Fondo de Terras da zona de concentración parcelaria de Sales-Illobre (Vedra) a favor do concello de Vedra (A Coruña) ó obxecto de destinala por si ou por medio de terceiros, a ampliación do cemiterio parroquial de S. Félix de Sales (Vedra), procedendo a reversión do citado ben ó patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia no caso de que nun prazo de 5 anos, desde a súa cesión, non se destine ó fin para o que se trasmite.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2969