Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.652

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 72/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 52/1994, do 4 de marzo, polo que se establece o réxime xeral de axudas e subvencións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en materia de formación, promoción do emprego e fomento da economía social.

O Decreto 52/1994, do 4 de marzo, establece o réxime xeral de axudas e subvencións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en materia de formación, promoción do emprego e fomento da economía social.

O Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude na súa redacción dada polo Decreto 33/1996, do 12 de xaneiro, establece a necesidade de poñer en marcha un instrumento capaz de interrelaciona-la oferta e a demanda de emprego que confira transparencia ó mercado de traballo e contribúa á competitividade de empresas e traballadores, no ámbito da posta en marcha das distintas políticas activas de emprego, en particular da formación ocupacional, promovendo a interconexión das iniciativas existentes no tecido social orientadas ó fomento do emprego.

O presente decreto responde á necesidade de proceder a regular dun xeito unificado tódalas liñas de actuación que na súa xestión ten atribuídas a Dirección Xeral de Formación e Emprego, relativas á coordinación das actividades de formación ocupacional, intermediación laboral e outras políticas activas de emprego.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia, Muller e Xuventude, oído o Consello Galego de Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día dez de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 52/1994, do 4 de marzo, polo que se establece o réxime xeral de axudas e subvencións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en materia de formación, promoción do emprego autónomo e fomento da economía social, nos seguintes extremos.

1.1 Engádese, ó punto 1 do artigo 2 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo, o apartado f), que quedará redactado do seguinte xeito:

f) Axudas ás accións relativas á intermediación laboral.

1.2 Engádese ó Decreto 52/1994, do 4 de marzo, o artigo 7 bis, que quedará redactado do seguinte xeito:

Artigo 7 bis.-Axudas ás accións de intermediación laboral.

1. Obxectivos.

Promove-las accións de intermediación laboral, consistentes en: información e direccionamento dos

demandantes de emprego, tratamento das demandas de emprego, captación de ofertas de traballo e intermediación entre a oferta e a demanda.

2. Beneficiarios.

Aquelas entidades públicas ou privadas que reúnan os requisitos que se establezan nas respectivas ordes de convocatoria.

3. Axudas.

Consistirán en subvencións financeiras polas accións realizadas referentes á información e direccionamento de demandantes, tratamento de demandas de emprego e captación de ofertas de traballo nos termos que se establezan nas respectivas ordes de convocatoria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Familia, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

2972