Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público 8/1997 para a contratación da subministración sucesiva de gasóleo-C, combustible para calefacción a granel, para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo, rúa

Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981-54 05 36. Fax: 981-53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: nos depósitos dos distintos centros do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela na forma que o dito organismo indique.

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: subministración sucesiva de gasóleo-C, combustible para calefacción a granel, para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela polo importe máximo de 72.220.020 pesetas/ano, IVE incluído.

O prezo unitario máximo do litro de gasóleo-C será de 52 pesetas (IVE incluído).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: o prazo máximo de entrega establécese en 48 horas desde a recepción do pedido emitido polo complexo hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 8-5-1997.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 16-5-1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data de apertura das ofertas: 27-5-1997.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento de licitación establecido.

Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase segundo entregas do material, segundo establece o apartado 11 da folla de especificacións.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo provedor: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo no que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

14. Variantes: pódense presentar variantes que respectando o prezo unitario máximo e as esixencias técnicas previas mínimas, supoñan unha mellora no obxecto do contrato.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou anuncio de información previa.

17. Data de envío do anuncio: 25-3-1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

2850